Monforte de Lemos, 18 de agosto de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a saída a concurso dun importante proxecto de mellora de tres infraestruturas viarias do Polígono Industrial do Reboredo. En concreto, estas actuacións levaranse a cabo sobre o segundo treito da rúa nº 1, e as rúas nº 2 e nº 3, que actualmente presentan un estado de deterioro considerable. Do mesmo xeito, tamén se acometerán accións de mellora nas beirarrúas deste área.
Con esta actuación, dende o Equipo de Goberno do Concello dáselle continuidade o programa de melloras en infraestruturas urbanas en Monforte e se actúa sobre unha zona, o Polígono Industrial do Reboredo, no que facía tempo que non se levaban a cabo actuacións deste calibre, ata que o actual Alcalde mellorou o treito inicial da rúa nº 1 e puxo unha nova iluminación en todo o Polígono.
O investimento desta importante actuación de mellora ascende a 85.370,19 euros, que saíu hoxe a licitación en prodecemento aberto e electrónico. O prazo para a presentación de ofertas é de 20 días naturais contando dende o día seguinte á data de publicación na Plataforma de Contratación do Sector Público. Deste xeito, poderanse presentar ofertas ata ás 14 horas do 7 de setembro de 2020.
Por outra banda, o Alcalde tamén anunciou a saída a concurso doutra obra importante que suporá a mellora da travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide. Neste caso, as obras consistirán na rexeneración do firme de dita vía e outras actuacións significativas, que abarcarán unha lonxitude de 1,5 quilómetros.
O importe de licitación para estas obras de mellora, que tamén saíu a concurso na xornada de hoxe, ascende a 58.558,63 euros, cun prazo para presentar ofertas, por prodecemento aberto e electrónico, de 20 días naturais contando dende o día seguinte á data de publicación na Plataforma de Contratación do Sector Público. Deste xeito, poderanse presentar ofertas ata ás 14 horas do 7 de setembro de 2020.
“Estes destes dous proxectos de mellora de infraestruturas viarias”, destaca o Alcalde ”supoñen unha inversión certamente relevante xa que destinamos para ambas obras arredor de 144.000 euros”.
Importantes traballos de mellora no Polígono Industrial do Reboredo
As actuacións que dende o Equipo de Goberno do Concello se consideran necesarias para a mellora de infraestruturas no Polígono Industrial do Reboredo consisten na rexeneración do firme de tres rúas de dito polígono, en concreto o segundo tramo da rúa 1 e as rúas 2 e 3 completas. Os tramos sobre os que se levarán a cabo as melloras suman un total de 8.922 m². Tamén se levará a cabo a reparación das beirarrúas correspondentes a este área.
Estas 3 rúas obxecto deste proxecto de mellora, presentan un estado moi deficiente, con numerosas fochancas, roturas de pavimento e desniveis, polo que dende o Concello considerouse necesario levar a cabo a rexeneración do seu firme.
A rexeneración do seu firme consistirá na aplicación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 4 cm. de espesor, aplicado directamente sobre o pavimento actual en toda a zona excepto nas zonas de acometida coas rúas colindantes e os accesos ás parcelas, en que se procederá ó fresado previo do firme actual.
As actuacións que están previstas nas citadas rúas do Polígono Industrial do Reboredo son as seguintes:
- En primeiro lugar, procederase ó fresado do firme ata unha profundidade de 4 cm. de espesor nas zonas en que é preciso (intersección con outras vías e acceso ás parcelas).
- Así mesmo, procederase á demolición de solera de formigón nas zonas de fresado nas que existe formigón, no acceso a algunhas parcelas.
- Tamén se demolerán os bordiños de formigón en dúas zonas de aparcamentos. Onde sexa necesario, procederase ó corte do formigón nos accesos a algunhas parcelas para facilitar a aplicación do novo pavimento.
- Una vez rematada a demolición, procederase ó barrido do firme das zonas afectadas, por medios mecánicos, que consistirá nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
- Posteriormente, nas tres rúas previstas, procederase a aplicar a nova capa de rodadura, consistente nunha capa de aglomerado en quente, tipo D-12, de 4 cm. de espesor. Esta acción incluirá o rego de adherencia e o bacheo previo nas zonas en que sexa necesario.
- Una vez rematada la colocación del pavimento novo, procederase ó recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros, rexiñas e demais elementos existentes nas calzadas, ata o novo nivel do pavimento.
- Do mesmo xeito, procederase á limpeza e reparación dunha arqueta existente que está moi deteriorada.
- Por último, unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, procederase ó pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos horizontais correspondentes, con pintura reflexiva e microesferas de vidro.
Criterios de valoración para as ofertas sobre do proxecto do Polígono Industrial do Reboredo
Os criterios de valoración para as ofertas presentadas a este proxecto de mellora de 3 rúas do Polígono Industrial do Reboredo son os seguintes:
- O prezo suporá o 50%.
- A ampliación do prazo de garantía obrigatoria dun ano por outro a maiores, incluíndo póliza todo risco: 30%.
- Reparación de beirarrúas: 10%. Valorarase tamén que as ofertas inclúan o levantado de bordiños das beirarrúas deterioradas, así como a súa reparación e a construción de vados accesibles nos pasos de cebra.
- Finalmente tamén se valorara o subministro e colocación de 11 unidades de hidrantes contra incendios, 10 con dúas saídas de 70 mm e 1 con saída de 100 mm. Suporá o 10%.
O prazo de presentación de ofertas para esta obra será de 20 días naturais, toda vez que se publique na Plataforma de Contratación do Sector Público, e a tramitación será por procedemento aberto e electrónico. Deste xeito, poderanse presentar ofertas ata ás 14 horas do 7 de setembro de 2020.
Transcorrido este tempo, reunirase a mesa de contratación para abrir as plicas de cada un dos proxectos presentados a concurso e posteriormente a obra será adxudicada á oferta máis vantaxosa tanto técnica como economicamente.
Obras de mellora da travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide
Este importante proxecto contempla as obras e actuacións necesarias para a mellora da Travesía da rúa Ourense á estrada da Vide, e que consistirán na rexeneración do firme da vía e outras actuacións que abarcarán unha lonxitude de 1,5 quilómetros.
Esta estrada, que comunica a antiga Nacional 120 coa estrada de A Vide, alcanza niveis importantes de tráfico rodado, e permite non entrar á cidade para comunicar a rúa Ourense (antiga N-120) coa saída cara o cemiterio ou a parroquia de A Vide, mellorando polo tanto unha vía cada vez máis necesaria para o uso de todos os veciños e veciñas de Monforte.
Ademais da mellora do pavimento desta travesía, tamén se vai mellorar a sinalización no cruce coa estrada de A Vide, onde se teñen producido varios accidentes, tratando de minimizar así o risco a través da mellora da sinalización de dito cruce, para a seguridade de todos os condutores.
Deste xeito, a travesía da rúa Ourense que se inclúe neste proxecto presenta un firme asfáltico con numerosas irregularidades e baches, polo que nela, realizaranse as seguintes actuacións:
- En primeiro lugar procederase ao varrido do firme as zonas afectadas, por medios mecánicos, actuacións que consistirán nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
- Posteriormente, en toda a calzada, procederase a aplicar a nova capa de rodadura, consistente nunha capa de aglomerado en quente, tipo D-12, de 4 cm. de espesor. Incluirá o rego de adherencia e o bacheo previo nas zonas en que sexa necesario.
- No cruce coa estrada de A Vide, en ambos lados, realizaranse dous redutores de velocidade tipo Lombo de Asno.
- Así mesmo, no mesmo cruce da estrada de A Vide, así como no cruce coa estrada de Ourense, colocaranse tres sinales de Stop de 90 cm.
- Para rematar, na calzada, unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, procederase ó pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos correspondentes, con pintura reflexiva e microesferas de vidro.
Criterios de valoración
Os criterios de valoración para as ofertas presentadas a este proxecto de mellora da Travesía da rúa Ourense á estrada da Vide son os seguintes:
- O prezo suporá o 70%.
- A ampliación do prazo de garantía obrigatoria dun ano por outro a maiores, incluíndo póliza todo risco: 30%.
O prazo de presentación de ofertas para esta obra será de 20 días naturais, toda vez que se publique na Plataforma de Contratación do Sector Público, e a tramitación será por procedemento aberto e electrónico. Deste xeito, poderanse presentar ofertas ata ás 14 horas do 7 de setembro de 2020.
A inversión para ambos proxectos de mellora alcanza os 143.928,82 euros.