O Concello de Monforte segue mellorando as comunicacións das parroquias co arranxo de 13 pistas

Monforte de Lemos, 26 de agosto de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de dar a coñecer o inicio das obras de mellora das comunicacións en 13 camiños e vías de titularidade municipal e pistas correspondentes a 7 parroquias así como a diferentes zonas da periferia da cidade.

Trátase, en verbas do Alcalde, “dun importante proxecto de mellora das infraestruturas viarias en 7 das nosas parroquias e tamén en diversas zonas da periferia da cidade, que supoñen unha inversión por parte do Concello de case 200.000 euros. As obras darán comezo nos vindeiros días, aproveitando que a climatoloxía é favorable para o desenvolvemento das mesmas.”

En concreto, acometeranse as seguintes actuacións:

  • Parroquia de A Penela: arranxo de 3 camiños municipais: Morade grande, A Rubina e Morade pequeno, cunha actuación total sobre 2,35 km. A inversión é de 29.971,62 euros.
  • Parroquia de As Nocedas: mellora do Camiño de O Zerreguecho, en 0,9 km, cunha inversión de 15.000,39 euros.
  • Parroquia de Moreda: arranxo de 2 camiños municipais: A Lagoa e Cabanas, nun total de 0,77 km. e cunha inversión de 27.321,46 euros.
  • Parroquia de Piñeira: mellora do Camiño de Guntín e a pista que une a entrada de Sober co Polígono de O Reboredo, en 0,57 km., cunha inversión de 19.657,81 euros.
  • Camiños municipais ubicados na periferia da cidade: esta actuación de mellora comprende a rúa Ramón Piñeiro, a pista lateral da Cooperativa Lemos, o Camiño de A Gándara e a Ponte de A Virxe, cun total de 1.040 km de actuación e unha inversión de 45.475,45 euros.
  • Outros camiños de titularidade municipal: finalmente tamén se acometerán obras de mellora en Reigada e dende o núcleo ata a pista do Canal, onde está a explotación coñecida como Finca Rey, sobre 2.055 km. e cunha partida de 62.054,13 euros.

Mellora de camiños municipais na periferia da cidade de Monforte

As obras que se proxectan para 4 camiños municipais na periferia de Monforte consisten na rexeneración do seu firme, e suman un total de 1,040 Km. de lonxitude entre todas elas. En concreto, son a rúa Ramón Piñeiro, a pista lateral da Cooperativa Lemos, o camiño de A Gándara e Ponte da Virxe. Para estas obras de mellora, destinouse unha partida de 45.475,45 euros.

Todas as vías sobre as que se actúa presentan un firme de terreo natural, con numerosos baches, brandóns, con charcos de auga e firme moi deteriorado. Por elo, dende o Concello de Monforte, lévanse a cabo sobre elas as seguintes actuacións:

  • Apertura da caixa do camiño con retroexcavadora, coa posterior carga e transporte de escombro a vertedoiro.
  • Colocación dunha base de pedra en toda a súa superficie, con pedra 32/63 mm., estendida con motoniveladora e compactada ata a densidade esigida, de 20 cm. de espesor.
  • Aplicación de triple rego asfáltico baseado nun primeiro rego semiprofundo cunha dotación de 3,5 Kg/m² de emulsión ECR-2, saturados con 20 litros de grava miúda 8/12, un segundo rego con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dun terceiro rego con dotación de 1,5 Kg/m² de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo elo debidamente compactado.

Ademais, na pista lateral da Cooperativa Lemos, procederase previamente á colocación dunha canalización de saneamento, así como a un paso salvacunetas con embocaduras a ambos lados. Para elo, nesta vía, previamente á colocación do firme, realizaranse as seguintes partidas:

  • Subministro e colocación dunha tubería de PVC para evacuación de augas residuais, SN-8, previa apertura da zanxa conrrespondente, e posterior tapado da mesma e reposición do pavimento.
  • Subministro e colocación de pozos de rexistro de saneamento, prefabricados de formigón con tapa de fundición.
  • Subministro e colocación de caño de diámetro 40 cm. para cruce de cuneta, que estará formado por tubo de PEAD, solera de formigón en masa HM--20/P/40/IIa e recuberto de formigón das mesmas características, incluíndo excavación da zanxa en terreo franco e posterior tapado.
  • Embocadura e aletas, para caño de 40 cm. de diámetro en formigón HM-20/P/40/IIa, incluída excavación, encofrado e desencofrado.

Melloras en outros camiños de titularidade municipal

Finalmente dende o Concello tamén se acometerán obras de mellora en Reigada dende o núcleo ata a pista do Canal, onde está a explotación coñecida como Finca Rey, sobre unha lonxitude total de ambas vías de 2.055 km. e cunha partida de 62.054,13 euros.

A Finca Rey presenta un firme asfáltico moi deteriorado, con numerosos baches, brandóns e presencia de zonas de auga. Por elo, o Concello realizará nesta vía as seguintes partidas:

  • Drenaxe da plataforma de camiño con grava, nas zonas nas que é abundante a presenza de auga.
  • Tras elo, procederase ó escarificado en algunhas zonas con motoniveladora. Nestas zonas procederase ó refino e planeo da caixa do camiño con motoniveladora.
  • Base de pedra en toda a súa superficie, con pedra 32/63 mm., extendida con motoniveladora e compactada ata a densidade esigida, de 15 cm. de espesor.
  • Triple rego asfáltico baseado nun primeiro rego semiprofundo cunha dotación de 3,5 Kg/m² de emulsión ECR-2, saturados con 20 litros de grava menuda 8/12, un segundo rego con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 y de un terceiro rego con dotación de 1,5 Kg/m² de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo elo debidamente compactado.

A outra vía sobre a que se actúa, a de Reigada, presenta un firme bituminoso con dobre tratamento superficial sobre grava e graviña. Nestes casos, e dado o mal estado de conservación actual de dito camiño, levarase a cabo unha rexeneración do firme, que consistirá en executar as seguintes partidas:

  • Barrido do firme das zonas afectadas, por medios mecánicos mediante unha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
  • Posteriormente, efectuarase o bacheo nas zonas en que é necesario, con bacheo de firme asfáltico, a base de 10 cm. de pedra 40/70, e un rego asfáltico con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2, debidamente saturado e compactado.
  • Por último, noutros tramos, levarase a cabo un dobre rego asfáltico, sobre o firme existente, baseado nun primeiro rego con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dun segundo rego con dotación de 1,5 Kg/m² de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado.

Parroquia de A Penela

As obras que se levan a cabo na parroquia de A Penela consisten na rexeneración do firme de dos camiños de Morade grande, A Rubina e Morade pequeno. Estas vías presentan un firme asfáltico, con numerosos baches, brandóns, presencia de zonas de auga e firme moi deteriorado. Por elo, realízanse as seguintes actuacións:

  • En primeiro lugar, levarase a cabo o barrido do firme das zonas afectadas, por medios mecánicos, sendo unha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
  • Posteriormente, efectuarase o bacheo nas zonas deterioradas, con bacheo de firme asfáltico, cunha base de 10 cm. de pedra 40/70, e un rego asfáltico con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2, debidamente saturado e compactado.
  • Por último, procederase a un dobre rego asfáltico, sobre o firme existente, baseado nun primeiro rego con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dun segundo rego con dotación de 1,5 Kg/m² de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado.

A inversión para a mellora destas 3 pistas de A Penela, nunha lonxitude total de 2,35 km., é de 29.971,62 euros.

Parroquia de As Nocedas

Na parroquia de As Nocedas acométese a mellora do camiño O Zerreguecho, en concreto sobre 900 metros do mesmo, que presenta un firme asfáltico, con numerosos baches, brandóns, e firme deteriorado. Para a súa mellora, realízanse as seguintes actuacións:

  • En primeiro lugar, levarase a cabo o barrido do firme das zonas afectadas, por medios mecánicos, sendo unha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
  • Posteriormente, efectuarase o bacheo nas zonas deterioradas, con bacheo de firme asfáltico, cunha base de 10 cm. de pedra 40/70, e un rego asfáltico con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2, debidamente saturado e compactado.
  • Por último, procederase a un dobre rego asfáltico, sobre o firme existente, baseado nun primeiro rego con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dun segundo rego con dotación de 1,5 Kg/m² de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado.

A inversión desta obra de mellora en As Nocedas é de 15.000,39 euros.

Parroquia de Moreda

Dúas son as actuacións de mellora que o Concello de Monforte leva a cabo na parroquia de Moreda, en concreto nas pistas de Lagoa e Cabanas, cunha lonxitude total de 0,77 km.

Estas dúas vías sobre as que actúa o Concello presentan un firme de terreo natural, con numerosos baches, brandóns, charcos e firme moi deteriorado. Por elo, planificáronse as seguintes partidas:

  • Apertura da caixa do camiño con retroexcavadora, coa posterior carga e transporte de escombro a vertedoiro.
  • Colocación dunha base de pedra en toda a súa superficie, con pedra 32/63 mm., estendida con motoniveladora e compactada ata a densidade esigida, de 20 cm. de espesor.
  • Aplicación de triple rego asfáltico baseado nun primeiro rego semiprofundo cunha dotación de 3,5 Kg/m² de emulsión ECR-2, saturados con 20 litros de grava miúda 8/12, un segundo rego con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dun terceiro rego con dotación de 1,5 Kg/m² de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo elo debidamente compactado.
  • Así mesmo, no primeiro tramo do camiño Lagoa, procederase ó barrido do firme, por medios mecánicos, consistindo nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.

A inversión desta obra de mellora na parroquia de Moreda é de 27.321,46 euros.

Parroquia de Piñeira

Na parroquia de Piñeira, a mellora que se levará a cabo será a do camiño de Guntín e a pista que une a entrada de Sober co Polígono de O Reboredo, concretamente en 0,57 km., e cunha inversión de 19.657,81 euros.

Este camiño presenta un firme de terreo natural, con numerosos baches, brandóns, charcos e firme moi deteriorado. Por elo, planificáronse as seguintes partidas: