Monforte de Lemos, 8 de setembro de 2020. O Concello de Monforte ven de anunciar que mañá mércores 9 de setembro abrirase o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello organiza durante o curso 2020 – 2021.
O oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):
Actividades para nenos e nenas:
- Golf (grupos reducidos por idades)
- Pádel (grupos reducidos por idades)
- Kung Fu
- Zumba Kids
Actividades para adultos/as:
- Ximnasia de mantemento (2 grupos)
- Tai Chi
- Ioga (tres grupos)
- Zumba
A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2020 e se prolongará ata finais do mes de maio de 2020, completando así un total de 8 meses lectivos.
O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.
Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.
O prazo de solicitudes estará aberto entre o 9 e o 25 de setembro. Entre o luns 28 e o 30 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos/as se confeccionará por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Se unha vez finalizado o prazo de inscrición se da o caso de que quedan prazas vacantes, se poderán seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.
Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas.
A documentación a presentar é a seguinte:
- Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
- Fotocopia do DNI do solicitante
- No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
- No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
- Declaración responsable COVID-19
Na páxina web do Concello pódese acceder a toda a documentación relacionada co procedemento:
- Oferta de actividades: Diptico_Escolas_Deportivas_Municipais_Monforte_Curso_2020_2021.pdf
- Regulamento escolas 2020 – 2021: Regulamento_Escolas_Deportivas_Municipais_Monforte_Curso_2020_2021.pdf
- Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125 para a tramitación presencial: Modelo_solicitude_Escolas_Deportivas_Municipais_Monforte_Curso_2020_2021.pdf
- Calendario lectivo: Calendario_Lectivo_Escolas_Deportivas_Municipais_Monforte_Curso_2020_2021.pdf
- Modelo de declaración responsable COVID-19 : Modelo_Declaracion_Responsable_COVID_19_Escolas_Deportivas_Municipais_Monforte.pdf
Do mesmo xeito, no seguinte enlace pódese acceder ao procedemento para a presentación electrónica: https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion
Protocolo de prevención ante o COVID-19
Todas as actividades contarán coas medidas preventivas fronte ao COVID-19 ditadas en cada momento polas autoridade sanitarias.
A actividade deportiva de cada unha das modalidades ofertadas estará suxeita aos seguintes criterios xerais de uso:
- En todas as instalacións deportivas se establecerán as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal.
- Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.
- As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para ese fin.
- Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos xeles desinfectantes que estarán dispoñibles nos espazos habilitados para o efecto.
- Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros, excepto durante a realización da actividade deportiva e sempre e cando se manteña a distancia de seguridade interpersoal. Cando o deportista non utilice a máscara é importante gardala axeitadamente para evitar que contamine ou se contamine.
Estes criterios xerais de uso son susceptibles de modificacións en función das normas que se vaian ditando en cada momento polas autoridades sanitarias.
Para máis información, ademais da páxina web todos os interesados poden acudir áss Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude sitas nas Casiñas da Compañía.