Inauguración na Casa da Cultura de Monforte da exposición "Unha invasión silenciosa: a biodiversidade baixo ameaza"

Monforte de Lemos, 18 de novembro de 2020. Na tarde de onte, a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acolleu a inauguración da exposición "Unha invasión silenciosa: a biodiversidade baixo ameaza", organizada pola Aula Universitaria da UNED de Monforte de Lemos, coa colaboración do Concello monfortino.

Deste xeito a exposición foi inaugurada pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e  a Concelleira de Cultura, Marina Doutón.

Dita exposición poderá ser visitada ata o día 25 de novembro, en horario de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 21:00 h de luns a venres excepto festivos, e todos os interesados en visitala deberán inscribirse previamente a través da web da UNED: http://extension.uned.es/actividad/23266&codigo=EIS. Por motivos de seguridade ante o Covid-19 o aforo estará limitado á visita dun máximo de 5 persoas á vez.

A exposición pretende divulgar a problemática social e ambiental que provocan as especies exóticas invasoras e enmárcase dentro do ciclo Uned Lugo Naturalmente. A mostra busca a reflexión visual sobre os perigos que acechan á biodiversidade a través de 13 paneis informativos nos que se analiza o fenómeno das especies invasoras, tanto animais como vexetais, e se ofrece un achegamento tanto ás causas como as súas solucións.