A mostra de artesanía Artelemos vaise celebrar do 3 ó 7 de agosto na rúa do Cardenal

Lugar: 
Rúa do Cardenal
Actividad: 
Feira de Artesanía Artelemos
Fecha: 
venres, Agosto 3, 2018 - 19:30 a martes, Agosto 7, 2018 - 19:30

Artelemos

29 de maio de 2018. O Concello de Monforte acaba de aprobar as bases de participación na 20ª Mostra de artesanía Artelemos.

Dende o martes, 29 de maio, ata o 22 de xuño ás 14 horas, os artesáns interesados en participar poderán realizar a solicitude. Este ano o evento vaise celebrar os días 3, 4, 5, 6 e 7 de agosto.

 

Desta volta haberá un total de 23 casetas; unha delas estará adicada á celebración de obradoiros e información da mostra, e os outros 22 postos restantes serán para a exposición e a venda de produtos artesanais.

 

O Alcalde, José Tomé, adiantou que “o público que se achegue poderá adquirir produtos moi variados e de diferentes disciplinas artísticas. Haberá orfebrería, cestería, coiro,  lá, olería de Gundivós e cerámica. Outro dos atractivos de Artelemos é que vai ser posible ver en vivo a elaboración das pezas que os propios artesáns realizarán”. Por outra parte, o mandatario local destacou que os máis pequenos da casa van poder participar en diferentes obradoiros.

 

Os postos abrirán de 11 a 14 horas e tamén en quenda de tarde, de 18 a 23 horas.

 

Stands individuais

 

Cada un dos artesáns terá o seu propio stand con tarima, iluminación e rotulación promocional propia. Cómpre destacar que durante a noite haberá vixilancia ata a hora de apertura. Co obxectivo de darlle un carácter máis dinámico á mostra, haberá pasillos entre as jaimas agrupadas cada 3-4 artesáns. Neses espazos vanse colocar unhas sombrillas triangulares para facilitar o tránsito peonil ó longo da rúa Cardenal.

 

O Alcalde destacou tamén que “a vontade do Concello é apostar polo aproveitamento dos recursos do noso territorio, neste caso os nosos artesáns que, coa sua labor do feito a man, enriquecen e dan un valor moi fermoso e engadido á nosa cultura e tradición dentro da promoción turística da Ribeira Sacra”.