Monforte de Lemos, 27 de maio de 2021. O Concello de Monforte colabora un ano máis coa Universidade de Santiago de Compostela na organización dun novo Curso de Verán Interxeracional que se celebrará en Monforte do 15 ó 18 de xuño, concretamente, no Salón de Actos do Centro Cívico-Social.
Dito curso, que leva por título “Auga, Terra, Lume e Ar: A Ribeira Sacra” está dirixido tanto a persoas maiores como a mozos e mozas que estean interesados en adquirir e compartir coñecementos relacionados coa Ribeira Sacra desde diferentes puntos de vista, tal e como se recolle no programa do mesmo. O curso está dirixido por Mª Esther Olveira Olveira e Carolina Casal Chico.
O prazo para inscribirse no mesmo remata o venres 4 de xuño, e pode formalizarse a través do correo cursosdeveran@usc.es, na web www.usc.gal/cultura/veran, ou nas áreas de Cultura do Campus de Lugo e Santiago. O curso conta con 25 horas lectivas e ten un límite de 50 prazas.
O importe da matrícula xeral é de 120 € e 70 € para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC, así como PDI e PAS da USC.
Cada matriculado recibirá un diploma de asistencia e 2 créditos ECTS.
Os obxectivos deste curso son achegar á cidadanía o espazo xeográfico e social da Ribeira Sacra e a súa contorna, divulgar e pór en valor o patrimonio cultural, material e inmaterial, deste microcosmos e implementar os valores de sustentabilidade da Axenda 2030 na conservación e posta en valor desta Paisaxe Cultural, vital de cara ós efectos da candidatura a Patrimonio da Humanidade.
PROGRAMA
Martes 15 de xuño
9:00-9:30- Inauguración do Curso.
9:30- Auga para a vida, Mª Teresa Rodríguez López, Profesora Departamento de Zooloxía, Xenética e
Antropoloxía Física da USC.
10:30- A xeografía da Auga, Augusto Pérez Alberdi, Catedrático Emérito da USC, Área Xeografía Física.
12:00- Auga! A enxeñaría do ouro, Iván Álvarez Merayo, Arqueólogo independente, impulsor e guía do Xeo-parque Montañas do Courel.
13:00- A Auga das Deusas e Deuses, Antonio Rodríguez Colmenero, Profesor Emérito USC, Área de Historia Antiga.
16:30- Auga para o espírito, Carlos Baliñas López, Titular de Universidade do Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC.
17:30- Auga para o corpo e a mente, Benigno Amor, Xerente Asociación de Balnearios de Galicia.
18:30- Saída para Doade.
19:00- A nosa Auga. Serán polo canón do Sil. Viaxe en catamarán, Doade. Carolina Casal Chico, Co-directora Curso de Verán.
Mércores 16 de xuño
09:30- Terra, territorio e paisaxe, Roxelio Pérez Moreira, Profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola USC.
10:30- E haberedes de plantar viño... O poder da Terra, Victor Rodríguez Muñiz, , doutor en Historia pola UdV. Técnico de Breogán Arqueoloxía.
12:00- A D.O. Ribeira Sacra. O don da Terra, José Manuel Rodríguez González, Presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
13:00- Terra e viño para os sentidos: A Cividade, Xesús Verao Pérez e Brais Verao López, Membro do panel de cata do Consello Regulador Denominación de Orixe, Adega Lobeiras, produtor da D.O. Ribeira Sacra;Adega Cividade, productor da D.O. Ribeira Sacra.
16:30- Terra para non volver pasar fame. A educación ambiental e a cultura da sustentabilidade, Mª Dolores Vázquez Castro, Profesora Departamento de Bioloxía Funcional da USC, Área de Ecoloxía.
17:30- A Terra e o tempo: Os Conventos, Xurxo M. Ayán Vila, Arqueólogo do CSIC, especialista na Área de Conventos.
18:30- Saída para Pobra de Brollón.
19:00- Cores e Sabores. Bebendo e sentido a Terra. Visita ao xacemento arqueolóxico de Os Conventos, con Xurxo Ayán, director do xacemento.
Xoves 17 de xuño
09:30- Lume. A Ribeira Sacra a ceo aberto, Manuel Andrade Baliño, Profesor Departamento de Matemática Aplicada USC.
10:30- Saberes e sabores... O Lume da vida, Manuel Fernández Pérez, Chef Restaurante Manuel Bistró, Monforte de Lemos.
12:00- Lume milenario. A oleiría de Gundivós, Elías González, Oleiro de Gundivós e responsábel do proxecto Centro Oleiro de Gundivós.
13:00- Eu son a luz do mundo... O que me siga non camiñará na escuridade. A cosmovisión da arte románica na Ribeira Sacra, Carolina Casal Chico, Investigadora da Rede de Estudos Medievais USC.
16:00- Saída para O Saviñao.
16:30- Seguindo a Luz do Mundo pola Ribeira Sacra. Visita a San Paio de Diomondi , Carolina Casal Chico, co-directora Curso de Verán.
17:30- Seguindo a Luz dos Astros pola Ribeira Sacra. Visita a Santo Estevo de Ribas de Miño, Carolina Casal, co-directora Curso de Verán.
18:30-A música das Esferas. Concerto en Santo Estevo de Ribas de Miño, Francisco Luengo Fernández, Musicólogo, instrumentista e luthier.
Venres 18 de xuño
09:30- Mesa redonda: Ar para a Ribeira Sacra, Relatores: Antonio Dieter Moure, Asociación o Sorriso do Daniel e Paula Vázquez Verao, Asociación Colado do Vento. Moderadora: Esther Olveira Olveira, directora do Programa Universitario de Maiores,IV CICLO e Prof. Do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.
10:30- Mesa redonda: O Ar e os ventos frescos da comunidade, Xurxo Martínez González, Asociación Vilachá de Salvadur e Lucas Vázquez, Asociación Cultural Segredos de Pantón. Moderadora: Carolina Casal Chico, Investigadora da Rede de Estudos Medievais USC.
11:30- Ar e respiro para a Ribeira Sacra, Alexandra Seara Sobrino, Xerente Consorcio Turismo Ribeira Sacra.
12:30- Mesa redonda: Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade. Ar novo e vital para unha paisaxe cultural única. Relatores: Ana Goy Diz, Catedrática de Universidade Departamento de Historia da Arte da USC, Directora Científica Candidatura Patrimonio da Humanidade Ribeira Sacra e Mario Crecente Maseda, Crecente e Asociados, Coordinador Candidatura Patrimonio da Humanidade Ribeira Sacra.
13:30- Clausura do Curso de Verán Auga, Terra, Lume e Ar.
+ INFO EN: Programa Curso Verán Interxeracional USC Monforte 2021