Monforte de Lemos, 13 de xullo de 2021. Tras dar por finalizado o proceso selectivo que tiña aberto o Concello de Monforte para a incorporación de 3 novos axentes ó corpo de Policía Local da cidade, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado da 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e da Concelleira de Sanidade, Drogodependencias, Tráfico e Mobilidade, Mª Pilar Espinosa, nomeou como funcionarios en prácticas e recibiu ás tres persoas que superaron dito proceso selectivo.
Os tres novos axentes en prácticas da policía Local son Iván Pérez Nogueira, de O Carballiño, Francisco Cao de Jesús, de A Estrada e Adrián Conde Castro, natural de Lugo.
Nesta primeira toma de contacto, o Alcalde aproveitou para departir cos 3 axentes en prácticas sobre o funcionamento do corpo da Policía Local e outros aspectos relacionados coas súas futuras funcións na cidade e no conxunto do Concello.
Os tres axentes iniciaron as súas prácticas onte luns día 12 no Concello de Monforte, e concluiranas o 5 de setembro. A continuación, incorporaranse á Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada para completar a súa formación, dende o 6 de setembro ó 22 de decembro.
Para rematar, terán un último período de prácticas no Concello de Monforte dende o 23 de decembro de 2021 ata o 31 de xaneiro de 2021.