O luns, 4 de xuño, abre o prazo para inscribirse nas actividades do Programa Deportivo de Verán 2018

Cartel programa deportivo verán 2018

31 de maio de 2018. O Concello de Monforte pon en marcha o Programa Deportivo de Verán 2018 que este ano contará cun gran número de actividades durante os meses de xullo e agosto. Todas elas están organizadas tanto directamente polo Concello de Monforte, como polos Clubs e Entidades Deportivas que colaboran con Sistema Deportivo Local.

 

Coa posta en marcha deste programa, o Concello ofrece unha alternativa lúdica, deportiva e de lecer para os nenos de Monforte durante as súas vacacións escolares. Son un conxunto de actividades físico deportivas coas que vai ser posible inculcarlles hábitos de vida saudables. Por outra parte, os rapaces poderán desenvolver as súas habilidades sociais e de relación cos demais a través do deporte. Outro dos obxectivos é fomentar valores como a autoestima, tolerancia e a superación, entre outros.

 

A administración municipal tamén pretende contribuír á conciliación da vida laboral e familiar en época de vacacións escolares.

 

As actividades que forman parte do Programa Deportivo de Verán 2018 son:

Campamento Deportivo de Verán durante o mes de xullo, distribuído en dúas quincenas.

IV Depor Campus – Monforte, do 23 ó 27 de xullo.

XII Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo, do 6 ó 10 de agosto.

Torneo de Volei Praia Club Korbis – Club Fluvial, 27, 28 e 29 de xullo

Campus de Volei Praia Club Korbis – Club Fluvial, do 3 de xullo ó 10 de agosto

Campus de Ximnasia Rítmica, do 6 ó 10 de agosto

V Campus de Voleibol Ribeira Sacra Monforte, do 20 ó 24 de agosto

VII Campus de Baloncesto Cidade de Monforte, do 27 ó 31 de agosto

Cursos de tenis durante os meses de xullo e agosto

Actividades dirixidas e cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal durante os meses de xullo, agosto e setembro.

 

Todas as persoas interesadas en recibir información e inscribirse nalgunha das actividades que forman parte da programación de verán, poderano facer a través das Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude, sitas nas Casiñas da Compañía, a partir do vindeiro luns 4 de xuño.

Para evitar colas á hora de realizar as inscricións, as actividades abrirán o prazo de inscricións de xeito progresivo en función da súa data de celebración.

Pódense consultar as normas de inscrición e o díptico informativo, para coñecer os días de apertura do prazo de inscricións de cada unha das actividades.