30 de Maio 2018. O Concello de Monforte súmase ó proxecto Cidades en Rede Menores nin unha gota, unha iniciativa promovida pola Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE) e do Ministerio de Sanidade, que pretende conseguir o apoio de institucións públicas e privadas para impulsar accións destinadas á prevención do consumo de alcohol por parte dos menores de idade.
O Alcalde, José Tomé, asinou xa o documento de adhesión á iniciativa. Así, Monforte convértese nun dos consistorios que amosa o seu compromiso con esta iniciativa, unha rede que conta xa con máis de 400 cidades.
No marco desta iniciativa, vanse realizar actividades de información e prevención, dirixidas tanto a menores como ás familias, para dotalas de ferramentas que lles permitan enfrontarse a un posible consumo precoz de bebidas alcolicas por parte dos seus fillos. A guía Menores nin unha gota. Máis de 100 razóns para que un menor non beba alcol pode adquirise de xeito gratuito, na Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte, ubicada na rúa Ramón Otero Pedrayo.
Tamén existe a posibilidade de descargala na web www.menoresniunagota.es.