En marcha o obradoiro “En liña coa igualdade” dirixido ó alumnado de 6º educación primaria de Monforte

Monforte de Lemos, 23 de novembro de 2021. Dende onte xa está en marcha o obradoiro “En liña coa igualdade” dirixido ó alumnado de 6º educación primaria de Monforte, organizado polo Concello de Monforte dentro do programa de actividades arredor do 25-N.

É un obradoiro práctico e de traballo grupal no que se analizan o uso das redes sociais, a visión da adolescencia nas redes (a importancia da imaxe, a hipersexualización infantil en internet...) así como as consecuencias negativas que a mesma provoca nos nenos, nenas e adolescentes.

O obradoiro está sendo impartido por Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social con ampla formación e experiencia en igualdade, a cal tras analizar os conceptos anteriormente sinalados traballará o que amosa a rapazada nas redes sociais e a rede de contactos que acceden a estes contidos.

A actividade vai dirixida ó alumnado de 6º da ESO e cada sesión ten unha duración de 90 minutos.

A distribución das sesións é a seguinte:

 

Luns 22  de novembro:

9.55 h.-11.25 h......6º Curso CPR Torre De Lemos

12.10 h.-13.40 h....6º Curso  CPR Ferroviario

15.00 h.-16.45 h....CEE Infanta Elena

 

Martes 23 de novembro

9.00 h.-10.30 h.......6ºA CEIP Colexio Novo

10.30 h.-12.00 h.....6ºB  CEIP Colexio Novo

12.30 h.-14.00 h.....6º Curso CEIP A Gandara

 

Martes 30 de novembro

10.00 h.-11.30 h......6ºA CPR Escolapios

12.00 h.-13.30 h......6ºB CPR Escolapios