Monforte de Lemos, 23 de novembro de 2021. Dende onte xa está en marcha o obradoiro “En liña coa igualdade” dirixido ó alumnado de 6º educación primaria de Monforte, organizado polo Concello de Monforte dentro do programa de actividades arredor do 25-N.
É un obradoiro práctico e de traballo grupal no que se analizan o uso das redes sociais, a visión da adolescencia nas redes (a importancia da imaxe, a hipersexualización infantil en internet...) así como as consecuencias negativas que a mesma provoca nos nenos, nenas e adolescentes.
O obradoiro está sendo impartido por Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social con ampla formación e experiencia en igualdade, a cal tras analizar os conceptos anteriormente sinalados traballará o que amosa a rapazada nas redes sociais e a rede de contactos que acceden a estes contidos.
A actividade vai dirixida ó alumnado de 6º da ESO e cada sesión ten unha duración de 90 minutos.
A distribución das sesións é a seguinte:
Luns 22 de novembro:
9.55 h.-11.25 h......6º Curso CPR Torre De Lemos
12.10 h.-13.40 h....6º Curso CPR Ferroviario
15.00 h.-16.45 h....CEE Infanta Elena
Martes 23 de novembro
9.00 h.-10.30 h.......6ºA CEIP Colexio Novo
10.30 h.-12.00 h.....6ºB CEIP Colexio Novo
12.30 h.-14.00 h.....6º Curso CEIP A Gandara
Martes 30 de novembro
10.00 h.-11.30 h......6ºA CPR Escolapios
12.00 h.-13.30 h......6ºB CPR Escolapios