Monforte de Lemos, 19 de maio de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de destacar os datos de visualizacións alcanzados na rede social oficial do Concello en Facebook, pola nova relativa ó programa musical das vindeiras Festas Patronais que se celebrarán do 10 ó 16 de agosto de 2022.
O pasado luns 16 de maio, o Alcalde deu conta ante os medios de comunicación, dos artistas, grupos e orquestras que formarán parte do programa musical das Festas Patronais de Monforte, que este ano contarán cun día máis de actividade, tal e como comprometera o rexedor monfortino.
Logo da presentación e do envío da correspondente nota de prensa e fotografía ós medios de comunicación correspondente, como é habitual, a noticia foi subida ás redes oficiais do Concello, na que a máis consultada e que máis seguidores ten é Facebook.
“Dende o momento en que subimos a nova”, explica o Alcalde, “o número de lectores da mesma foi exponencial, crecendo a un ritmo inicial dunhas 1.000 visualizacións á hora, o que demostra o gran interese dos monfortinos e dos seguidores desta páxina que tiñan por coñecer o programa musical das nosas festas patronais”. Neste senso, destacou o Alcalde, “nunca había espertado tanto interese nas redes sociais o programa musical das Festas Patronais como neste ano”.
En concreto, dende que foi colgada a noticia o día da presentación, o luns 16 de maio, concretamente ás 15:00 horas, e ata hoxe 18 de maio ás 15 horas, foron 16.894 persoas alcanzadas, case 17.000 en menos de 3 días.
Ademais, a noticia conta actualmente con 2.924 interaccións e foi compartida 206 veces, o que da boa mostra do interese suscitado entre os usuarios.
O mandatario local insistiu na afirmación que fixo durante a presentación do programa musical, “coa repercusión alcanzada na rede social Facebook, reafírmome no meu convencemento de que estes concertos que temos programados van ser capaces de encher o recinto das Festas, debido á calidade das actuacións e tamén debido ó variado estilo musical dos concertos”.
A conta oficial do Concello en Facebook conta actualmente con 9.757 seguidores, que foron ampliamente superados no que se refire á visualización desta nova, que cos 16.894 persoas rexistradas neste intre, superan en 7.137 ó número de seguidores, o que bate un récord non acadado ata agora nas redes sociais do Concello.
O Alcalde tamén comunicou que “recibimos moitas chamadas doutras cidades de Galicia, preguntando si é real o programa ou si é unha noticia falsa, ó que loxicamente lles contestamos que é certo”.