O Concello amplía ata este xoves 11 o prazo de inscrición para participar como Cabezudo e Xigante nas Festas Patronais de Monforte 2022

Monforte de Lemos, 8 de agosto de 2022. O Concello de  Monforte informa que ven de ampliar o prazo para que as persoas que desexen participar como cabezudos e xigantes nas Festas Patronais 2022, en concreto ata este xoves 11 de agosto. Para elo, deberán realizar a pertinente inscrición nas oficinas do rexistro municipal, situadas na Casa do Concello, entre as 9:00 e as 14:00 horas.

O Concello dispón aínda de prazas para realizar esta actividade e asignarase por rigorosa orde de inscrición.

Os cabezudos percorrerán as rúas do centro da cidade o domingo 14 de agosto en horario matinal.

Esta actividade terá remuneración económica de 25€ e para poder participar nela, ademais de realizar a inscrición no rexistro, haberá que ser maior de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.

Xunto coa solicitude a persoa solicitante deberá presentar copia do seu Documento Nacional de Identidade e no caso de ser menor ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.

02-solicitude_e_procedemento_cabezudos_2022.pdf

03-cabezudos_autorizacion.pdf