O Concello informa do dispositivo de tráfico que porá en marcha este venres por mor do paso por Monforte da 2ª etapa da Volta Ciclista a Galicia

Monforte de Lemos, 15 de setembro de 2022. O Concello de Monforte informa do dispositivo de tráfico que desenvolverá con motivo do paso da segunda etapa da Volta Ciclista a Galicia, que se disputará o vindeiro venres 16 de setembro, con inicio e chegada en Taboada.

Está previsto que o pelotón transite por diversas rúas de Monforte e que o faga aproximadamente ás 14:25 horas, polo que os cortes no tráfico produciranse a partir das 2 da tarde (14:00 h), xa que o circuíto debe permanecer pechado e libre de vehículos en circulación, debido a que as motos da Garda Civil de Tráfico e os vehículos dos equipos e da organización  chegan un tempo antes.

O percorrido polo que transcorrerá o pelotón en Monforte será o seguinte:

  • Entrada en Monforte, procedentes de Pobra de Brollón, pola rúa Ramón del Valle-Inclán.
  • Transcurso polo paso a nivel da Florida, en dirección centro cidade.
  • Baixada pola rúa Roberto Baamonde.
  • Na praza de Ponte Fontecha, o pelotón toma a dirección de La Compañía.
  • Seguen pola rúa Compañía ata o Paseo de Lugo.
  • Seguen por rúa Reboredo ata o paso a nivel.
  • Toman a rúa San Lázaro dirección A Pinguela.
  • Ó final desta, toman a rúa Sober e seguen dirección Piñeira para saír da cidade.

 

Dende o Concello solicítase que se evite a circulación polas vías afectadas polo paso de dito evento durante os horarios previstos e recoméndase o uso de vías alternativas de circulación.

Do mesmo xeito, agradécese a colaboración dos veciños e veciñas das rúas afectadas ós que se solicita que non poñan en marcha os vehículos que estean estacionados nas rúas polas que pasa o pelotón e que non saían dos garaxes que haxa nas mesmas.

Este dispositivo, ó transcurso da Volta Ciclista a Galicia ó seu paso por Monforte, estará coordinado pola Policía Local, que se encargará de proceder ós cortes de tráfico correspondentes, coa axuda doutros colaboradores municipais.