Monforte de Lemos, 08 de decembro de 2022. O teatro é unha parte importante dentro da programación de Nadal do Concello de Monforte. Deste xeito, este sábado 10 de decembro ás 19:30 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro terá lugar a posta en escena da obra para adultos O crime de Lady Sibila, a cargo do grupo de teatro monfortino Teatreiras.
Esta actuación está incluída na programación do Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo-Cultura.
É unha obra dirixida a público adulto, con entrada libre e gratuíta.
Teatreir@s, é un grupo de teatro que xurdiu hai case 20 anos no contexto das actividades de tempo libre para persoas maiores que se organizaban desde os Servizos Sociais do Concello de Monforte.
Hoxe o grupo está formado por 11 actores e actrices, e baixo a dirección de Paqui Abeledo, está constituído dentro dunha asociación de teatro afeccionado.