Monforte de Lemos, 3 de xaneiro de 2023. A Cabalgata de Reis do Concello de Monforte, celebrarase, como é tradición, este xoves 5 de xaneiro.
“Coa chegada dos Reis Magos a Monforte, e co apagado, o vindeiro domingo 8 de xaneiro, do alumeado navideño do Concello, daremos por finalizado o completo programa de actividades de Nadal que dende o Equipo de Goberno desenvolvimos este ano en Monforte, e que resultou todo un éxito de participación”, destacou o Alcalde.
Deste xeito, ás 17:30 horas está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente á Estación do Ferrocarril de Monforte.
Na estación, serán recibidos polo Alcalde e por membros da Corporación municipal, e coa música da Escola de Gaitas do Concello. Aproveitarán a ocasión para saudar a todos os nenos e nenas que os estean esperando no andén da Estación.
Alí conformarase a Comitiva Real que estará integrada por catro carroza, unha coa estrela e 3 para os Reis Magos e seus paxes. Os paxes serán alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade. Ademais na comitiva tamén participarán o Grupo de Gaitas do Concello, así coma outros grupos musicais e decorativos.
A Comitiva Real partirá arredor das 18:30 horas dende a Praza da Estación, e percorrerá as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia (Ponte Novo), e finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello, sobre as 19:30 h. Alí, os Reis Magos serán recibidos polo Alcalde do Concello de Monforte de Lemos e demais autoridades e membros da Corporación municipal.
Ás 19:45 horas as Súas Maxestades de Oriente lerán o discurso de Reis dende o balcón da entrada principal do Concello, finalizando a súa visita co reparto de caramelos e coa recepción ós nenos e ás nenas da cidade nas escaleiras do vestíbulo do Concello.