Monforte de Lemos, 31 de xaneiro de 2023 Este venres pasado, celebrouse o Día Oficial en Memoria do Holocausto. Cada 27 de xaneiro, a UNESCO rende tributo á memoria das vítimas do Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e calquera outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos.
Un dos actos institucionais mais relevantes, é o Acto de Estado organizado polo Senado no Antigo Salón de Plenos. Como todos os anos, a Rede de Xuderías súmase á conmemoración con este e outros eventos e acudiu cunha representación de diversas cidades que forman parte da rede, encabezada por Gloria Prada en representación do Alcalde de Monforte de Lemos e Presidente da Rede, José Tomé.
A homenaxe desenvolveuse cunha programación de actos variados de naturaleza diversa. Tralo encendido de velas, e a interpretación de varias pezas musicais a violín por Rocío García, gardouse un minuto de silencio para, a continuación, proceder ó recitado da pregaria polas vítimas do Holocausto Male Rajaminh, a cargo do Rabino Moshé Bendahan.
Ademais, tamén participou na homenaxe o relator Jaime Moreno, director xeral do centro Sefarad-Israel e Irene Shashar, que co seu testemuño como supervivente do holocausto conseguiu emocionar a gran parte dos participantes presentes no Senado.
Irene Shashar explicou o milagre que supuxo que tanto ela como a súa nai se salvasen e non pasaran a formar parte da lamentable lista de seis millóns de asasinados no Holocausto e confesaba, emocionada, sentirse no deber de cumprir coa misión de transmitir a petición de concordia, fraternidade, comprensión, xunto coa obriga de lembrar o desastre xa que según o seu criterio, calar suporía estar de acordo co que sucedeu.
Bolaños, pola súa parte, durante a súa intervención anunciou que o Consello de Ministros aprobará este martes no Consello de Ministros un plan para implantar en España a estratexia europea contra o antisemitismo. O ministro, como xa fixera o pasado 18 de xaneiro na inauguración da exposición Mauthausen, Memorias Compartidas, reivindicou “o deber de memoria coas vítima e a necesidade de estar “vixiante ante os discursos de odio”.
Moi contundente se mostrou tamén o presidente do Senado coa mensaxe transmitida, recordando o fracaso moral da sociedade que mirou para outro lado mentres se estaba a preparar o Holocausto. Advertiu da necesidade de estar vixilantes ante o negacionismo, os totalitarismos, os populismo, os recentes ataques ó Capitolio e ás institucións democráticas en Brasilia e tamén aos dereitos e liberdades conseguidos con tanto esforzo.
Á finalización dos actos celebrados dentro da homenaxe que tivo lugar no Senado, Gloria Prada confesou sentirse orgullosa e emocionada pola intervención de todos os oradores, pero destacou especialmente o relato en primeira persoa de Irene Shashar. Tamén manifestou a súa satisfacción por ter a oportunidade de acudir a estas homenaxes representando ó Alcalde e Presidente da Rede de Xuderías que non puido asistir nesta ocasión por motivos de axenda. Lembremos, tal e como afirmou a Tenente de Alcalde, que a Rede de Xuderías está considerada como unha organización referente da defensa e posta en valor do legado xudeu..