A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acudiu en representación do Presidente da Rede de Xuderías, D. José Tomé, ao acto solemne de homenaxe ás vítimas do Holocausto do Senado

Monforte de Lemos, 31 de xaneiro de 2023 Este venres pasado, celebrouse o Día Oficial en Memoria do Holocausto. Cada 27 de xaneiro, a UNESCO rende tributo á memoria das vítimas do Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e calquera outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos.

Un dos actos institucionais mais relevantes, é o Acto de Estado organizado polo Senado no Antigo Salón de Plenos. Como todos os anos, a Rede de Xuderías súmase á conmemoración con este e outros eventos e acudiu cunha representación de diversas cidades que forman parte da rede, encabezada por Gloria Prada en representación do Alcalde de Monforte de Lemos e Presidente da Rede, José Tomé.

A homenaxe desenvolveuse cunha programación de actos variados de naturaleza diversa. Tralo encendido de velas, e a interpretación de varias pezas musicais a violín por Rocío García, gardouse un minuto de silencio para, a continuación, proceder ó recitado da pregaria polas vítimas do Holocausto Male Rajaminh, a cargo do Rabino Moshé Bendahan.

Ademais, tamén participou na homenaxe o relator Jaime Moreno, director xeral do centro Sefarad-Israel e Irene Shashar, que co seu testemuño como supervivente do holocausto conseguiu emocionar a gran parte dos participantes presentes no Senado.

Irene Shashar explicou o milagre que supuxo que tanto ela como a súa nai se salvasen e non pasaran a formar parte da lamentable lista de seis millóns de asasinados no Holocausto e confesaba, emocionada, sentirse no deber de cumprir coa misión de transmitir a petición de concordia, fraternidade, comprensión, xunto coa obriga de lembrar o desastre xa que según o seu criterio, calar suporía estar de acordo co que sucedeu.

Bolaños, pola súa parte, durante a súa intervención anunciou que o Consello de Ministros aprobará este martes no Consello de Ministros un plan para implantar en España a estratexia europea contra o antisemitismo. O ministro, como xa fixera o pasado 18 de xaneiro na inauguración da exposición Mauthausen, Memorias Compartidas, reivindicou “o deber de memoria coas vítima e a necesidade de estar “vixiante ante os discursos de odio”.

Moi contundente se mostrou tamén o presidente do Senado coa mensaxe transmitida, recordando o fracaso moral da sociedade que mirou para outro lado mentres se estaba a preparar o Holocausto.  Advertiu da necesidade de estar vixilantes ante o negacionismo, os totalitarismos, os populismo, os recentes ataques ó Capitolio e ás institucións democráticas en Brasilia e tamén aos dereitos e liberdades conseguidos con tanto esforzo.

Á finalización dos actos celebrados dentro da homenaxe que tivo lugar no Senado, Gloria Prada confesou sentirse orgullosa e emocionada pola intervención de todos os oradores, pero destacou especialmente o relato en primeira persoa de Irene Shashar. Tamén manifestou a súa satisfacción por ter a oportunidade de acudir a estas homenaxes representando ó Alcalde e Presidente da Rede de Xuderías que non puido asistir nesta ocasión por motivos de axenda. Lembremos, tal e como afirmou a Tenente de Alcalde, que a Rede de Xuderías está considerada como unha organización referente da defensa e posta en valor do legado xudeu..