Monforte de Lemos, 5 de febreiro de 2023. O Concello de Monforte estará representado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, no II Encontro Estatal Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento que se celebrará os días 7, 8 e 9 de febreiro en Lugo. O Alcalde, José Tomé tamén participará no acto en representación da Deputación Provincial.
Lugo acolle na vindeira semana, os días 7, 8 e 9 de febreiro, unha cita transcendental para o desenvolvemento das políticas municipais e provinciais a nivel estatal. Trátase dun evento orientado a proxectar cara ó futuro as políticas públicas de cooperación ó desenrolo que levan a cabo os gobernos locais buscando a coordinación, articulación e coherencia das mesmas. O Concello de Monforte como socio do Fondo Galego de Cooperación participará no mesmo, da man da Tenente de Alcalde, Gloria Prada, que ven de remarcar a “importancia e transcendencia do Encontro para acadar unha maior participación das administracións locais na toma de decisións das políticas estatais e internacionais”. Tal e como afirma Prada constitúe “unha oportunidade única para pór en valor as administracións locais e a consideración das mesmas na toma de decisións do resto de administracións”.
Este acto supón a continuación ó celebrado en novembro de 2021 na cidade de Córdoba. Á cita acudiron mais de 350 representantes de gobernos locais, provinciais e autonómicos de todo o territorio estatal, e supuxo a instauración dun espazo de debate, diálogo e traballo sobre a cooperación ó desenrolo específico para o ámbito local, obtendo como resultado unha gran repercusión institucional e un maior interese cara a cooperación municipalista. Así mesmo, propoñíase unha maior participación das administracións locais nos espazos de debate e toma de decisións en relación á cooperación internacional.
Para o II Encontro Estatal, O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade toma a testemuña e da continuidade ó espazo xerado polo Fondo Andaluz de Municipios pola Solidariedade Internacional (FAMSI), coa pretensión de retomar o diálogo, ás portas da aprobación da Lei de Cooperación para o Desenrolo Sostible e a Solidariedade Global. Lei, que por outro lado, remarca o papel dos concellos, deputacións e mancomunidades, en materia de cooperación internacional ó desenrolo. Un fito histórico tras 40 anos de traxectoria da cooperación municipalista, que vai a supoñer un antes e un despois, para gañar en coherencia, eficacia e eficiencia da nosa cooperación.
Entre os axentes que integran o ecosistema da cooperación municipalista, os Fondos municipalistas de cooperación coordínanse a través da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, que este ano cumprira 28 anos de percorrido, e que emerxe como marco de representación conxunta dos nove Fondos que o compoñen en todas as temáticas que, pola súa importancia, afectan ós seus intereses comúns. Xunto a ela, a Federación Española de Municipios E Provincias supón o máximo órgano de representación da voz municipal en España.
Esta segunda edición conta coa colaboración e impulso de diversas administracións e entidades, tales como: a Dirección Xeneral de Políticas de Desenrolo Sostible (DGPOLDES) a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional (SECI), o Ministerio de Asuntos Exteriores, a Unión Europea e Cooperación; a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desarrollo (AECID); a Xunta de Galicia; o Programa DEAR da UE, a través do proxecto “People anda Planet”; o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo.