Monforte de Lemos, 7 de febreiro de 2023. A Concellería de Medio Ambiente ven de recordar a necesidade de que os veciños cumpran coa Ordenanza Xeral de Protección Medio Ambiental e en concreto, cos artigos correspondentes ó depósito e recollida de lixo.
Ante as queixas continuadas plantexadas por algúns veciños, contra persoas que depositan o lixo en horarios inadecuados e as molestias que tales comportamentos ocasionan, como producir olores desagradables, O Concello de Monforte comezou a aplicar sancións polo incumprimento dos horarios para o depósito dos desperdicios.
A Concellería de Medio Ambiente quere lembrar á veciñanza a obriga que teñen todos os monfortinos de cumprir coa Ordenanza Xeral de protección medioambiental. O artigo 63 da mesma, adicado a Recipientes normalizados, explicita os horarios para depositar o lixo así como as normas para facelo. Tal e como se pode extraer do contido do mesmo, as normas de cumprimento obrigado para todos os veciños de Monforte con respecto ó deposito do lixo son as seguintes:
1. Os veciños deberán depositar os residuos nos recipientes normalizados que, o persoal do vehículo contedor, baleirará no camión.
2. O lixo e desperdicios depositaranse en bolsas pechadas e non poderán ser deixadas nos contedores ou na vía pública, antes das 19:00 horas.
3. Prohíbese depositar o lixo nas datas que o Concello indique como inhábiles do Servizo, o que se comunicará coa antelación precisa.
Dende a Concellería tamén se quere lembrar que de haber denuncias dos servizos técnicos e dos axentes da Policía Municipal, en relación co incumprimento das normas enumeradas, O Concello incoará de oficio os correspondentes expedientes sancionadores.
Depositar o lixo e os desperdicios sen bolsa nos condenadores ou na vía pública, así como depositalos fora do horario autorizado, constitúe unha infracción leve que pode ser castigada cun apercibimento e multa de entre 20 e 100 euros.
O Concello quere insistir aos cidadáns sobre a obriga de respectar as normas explicadas, nun intento de mellorar a convivencia entre veciños, evitar olores desagradables nas rúas e manter a cidade limpa e libre de lixo para o desfrute de todos.