A Xustiza da unha vez máis a razón ó Concello ante unha nova demanda interposta por Construcciones Sánchez en relación á Zona C

Monforte de Lemos, 24 de maio de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa dunha nova sentenza favorable ó Concello monfortino, relacionada coa denominada Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas.

É a quinta sentencia que falla a favor do Concello en relación coa Zona C e que confirma que sempre actuamos de acordo coa legalidade”, destaca o Alcalde.

En concreto, trátase dunha sentencia ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, a nº 111/2024, relación co recurso contencioso administrativo interposto por Construcciones y Contratas Sánchez SL da resolución do Concello de Monforte de Lemos, acordada en Xunta de Goberno, que desestimou o recurso de reposición sobre o proxecto de reparcelación da zona C, implicando un cambio no sistema de actuación urbanística.

 

Antecedentes

A demanda interposta por Construcciones y Contratas Sánchez SL recorría a resolución da Xunta de Goberno do Concello de Monforte do 16 de xuño de 2021, a través da cal desestimou o recurso de reposición contra o acordo de modificación do sistema de actuación de compensación a cooperación.

O demandante alegou que o cambio de sistema de actuación e a delimitación de polígonos constituía unha alteración do plan vixente sen seguir o procedemento adecuado e sen os informes necesarios.

Pola súa banda, o Concello contestou argumentando que a modificación do sistema de actuación foi aprobada en 2005, publicada en 2020, e é firme. Defende que non se require estudo económico-financeiro nin informes sectoriais nesta fase de execución urbanística.

 

Fundamentos de dereito

Polo tanto, a cuestión para resolver neste procedemento inclúe a modificación da forma de actuación na zona C e o reparcelamento das zonas 1 e 2.

Neste senso, a sentenza aclara, que a modificación do sistema de actuación é parte da fase de xestión e execución, non do plan. Aínda que houbo unha publicación tardía, o acto é válido desde a súa publicación en 2020.

En canto ó  Proxecto de Reparcelamento, a sentenza di que a reparcelación está adecuadamente xustificado e non se prescindiron dos polígonos existentes. A adxudicación de parcelas axústase, polo tanto, á normativa vixente, polo que o Concello actuou dacordo á lei.

Finalmente, as novas alegacións presentadas no escrito de conclusións non foron admitidas polo Xulgado, por constituír desviación procesual.

 

Fallo

O Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo desestima a demanda de Construcciones y Contratas Sánchez SL ó Concello de Monforte, confirmando a legalidade da resolución impugnada.

Da mesma maneira, as costas se lle impoñen ó recorrente, con un límite de 500 euros. Cabe recurso de apelación no prazo de quince días ante a sala do TSXG.

Deste xeito, a Xustiza volve a confirmar a legalidade das actuacións que o Concello levou a cabo en relación co proxecto da Zona C. En 2022, tamén lle deu á razón á entidade municipal en relación con dous recursos interpostos pola empresa Construcciones y Contratas Sánchez S.L., así coma outra demanda a cargo da familia Conde, en 2023.

José Tomé reitera a súa satisfacción “por esta nova resolución que volve dar unha vez máis a razón ó Concello no que se refire á Zona C, e que como recordarán, inauguramos o pasado 15 de novembro de 2022, cambiando a fisionomía desta zona da cidade”.

 

Antecedentes da Zona C

O terreo, denominado “Zona C”, foi calificado como solo urbano non consolidado, polo Pleno do Concello de Monforte celebrado o 12 de abril do ano 2000, fai máis de 20 anos, sendo publicado no BOP de 26 de abril e publicado no DOG de 27 de abril dese mesmo ano. Mediante ese acordo plenario produciuse unha modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, que permiten urbanizar esas zonas e poñelas ó servizo da cidade de Monforte.

Para poder levar a cabo esta urbanización, o primeiro paso dado foi levar a cabo o Proxecto de Reparcelación da “Zona C”, desenvolto pola empresa MONSA Urbanismo, e aprobado inicialmente na Xunta de Goberno do Concello, en data 23 de novembro de 2020.

O 9 de decembro de 2020, iniciouse o proceso de  notificación ós donos das parcelas afectadas por este proxecto, notificación que foi realizada polos Axentes da Cidadanía do Concello, domicilio a domicilio.

O seguinte paso foi a exposición pública durante un mes, que empezou a contar dende a notificación ós afectados polas fincas que se reparcelan.

A aprobación do proxecto definitivo así como a resolución das alegacións presentadas tivo lugar en Xunta de Goberno deste Concello o pasado 16 de xuño de 2021.

Rematados estes trámites administrativos, dende o Concello procedeuse a elaborar o proxecto construtivo, que unha vez elaborado, foi presentado hoxe polo Alcalde xunto co anuncio da licitación das obras do citado proxecto.

Unha vez adxudicado e contratada a empresa adxudicataria, Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de 915.225,85 euros (IVE engadido), o Concello iniciou o pasado 18 de xaneiro as actuacións encamiñadas a urbanizar e dotar de servizos á Zona C.

Tras o remate das obras, o Alcalde e diversos membros do Equipo de Goberno, inaugurou a Zona C o 15 de novembro de 2022.