O Concello de Monforte participou no Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 no que contou cunha axuda da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a través do AGADER.
Este crédito está cofinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da intervención 6872 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (Subintervención 6872_01 Servizos básicos), nun 12 % por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 28 % por fondos propios da Xunta de Galicia. As axudas son as correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, publicada no DOG o 3 de marzo de 2023.
En concreto, o importe da axuda ascende a 76.200,00€, e o Concello de Monforte aportou 22.108,46€ incluídos os custos de redacción de proxecto e dirección da execución. O importe do proxecto de execución foi de 90.818,97 € e o relativo ó Control de calidade foi de 1.383,03€.
As obras de mellora que se acometeron foron as seguintes:
Na parroquia de Gullade, a mellora do Camiño municipal de Gullade, cun orzamento de 30.091,03€, sendo a subvención de 24.868,62€ e a aportación do Concello de 5.222,41€.
Nas parroquias de Moreda e Tor, a mellora do Camiño municipal en Fontecá-As Barredas, cun orzamento de 25.997,85€, sendo a subvención de 21.485,83€ e a aportación do Concello de 4.512,02€.
Na parroquia de Marcelle, a mellora do Camiño municipal en O Colado, cun orzamento de 34.730,09€, sendo a subvención de 28.702,55€ e a aportación do Concello de 6.027,54€.
No relativo ó Control de calidade o orzamento foi 1.383,03€, sendo a subvención de 1.143,00€ e a aportación do Concello de 240,03€.