Monforte de Lemos, 13 de novembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a licitación do contrato de conservación, mantemento, reparación e xestión da seguridade das áreas de xogo infantís e biosaudables do Concello de Monforte.
O noso obxectivo é “levar a cabo a través da empresa que resulte adxudicataria, a reparación de calquera avaría, deficiencia, desperfecto ou material en mal estado, de calquera dos xogos infantís, aparatos biosaudables e peches perimetrais dos parques e áreas da cidade ó longo de todo o ano”. Deste xeito, o adxudicatario deberá velar en todo momento polo bo estado das áreas de xogo infantís como biosaudables.
En concreto, as áreas de xogo infantís incluídas neste contrato son as correspondentes ós parques Santiago, Chantada, Irmáns Dapena, Praza de Carude, A Pinguela, Parque da Compañía, Rosalía de Castro, López Suárez, A Florida I e II, Val de Lemos, Rio Seco, Sindrán, Local Social de Piñeira, Barxela (Piñeira), Seoane, A Penela e Parque do Barrio do Hospital.
As áreas de aparatos biosaudables son as das áreas da Compañía, Florida, López Suárez, Pinguela, Barrio do Hospital e Val de Lemos.
“Con este contrato o que queremos é garantir en todas estas áreas de xogo infantís e biosaudables o seu mantemento e a reparación dos seus xogos e aparatos, para que estean sempre ao cen por cen do seu funcionamento, realizando para elo todas as actuacións que sexan necesarias por parte da empresa adxudicataria”.
No día de hoxe o Alcalde autorizou a apertura do prazo de licitación deste contrato de mantemento e conservación, sendo o importe do contrato de 100.206,10 euros, ive engadido, polo que xa foi publicado na Plataforma de Contratos do Sector Público.
O prazo de presentación ofertas estará aberto ata o venres 29 de novembro de 2024. Unha vez rematado, as correspondentes mesas de contratación celebraranse o mércores 11 de decembro ás 9:00 h., e o mércores 18 de decembro ás 9:30 h.
O prazo de duración deste contrato unha vez adxudicado será de 2 anos, coa posibilidade de establecer 2 prorrogas anuais, ata un máximo de 4 anos.
Os criterios de adxudicación son:
- Memoria técnica: 40 puntos.
- Prezo: 60 puntos.
“Con este contrato os nosos nenos e nenas, e tamén os nosos xovenes e adultos poderán disfrutar dos elementos que conforman estas áreas de ocio e deporte coas máximas garantías”, concluíu o rexedor monfortino.
Actuacións que inclúe o contrato
O adxudicatario deste servizo deberá levar a cabo diferentes traballos e tarefas, que deberán ser desenvoltos co persoal idóneo, así como cos medios materiais axeitados, e en tempo e forma. Segundo a natureza dos mesmos, establécense as seguintes tipoloxías:
-Traballos de carácter técnico: neste apartado inclúense as seguintes actuacións:
- Inspección ordinaria: Realizarase semanalmente unha inspección de traballo, sendo 53 inspeccións o ano. No período de 1 de marzo a 30 de setembro reforzaranse os traballos de mantemento con 14 inspecciones máis que se marcaran de acordo coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Monforte. O adxudicatario deberá revisar todas e cada unha das áreas de xogo incluídas no presente contrato así como aquel outras que puideran incluírse con posterioridade.
- Inspección funcional: Será preciso realizar un exame máis detallado antes do 1 de marzo de cada ano, no que se proceda a comprobar o funcionamento e a estabilidade de cada un dos elementos que conforman a área de xogo, no que se prestará unha especial atención ás zonas de ancoraxe destes.
- Inspección anual: O adxudicatario do contrato de deberá entregar un informe anual que inclúa os datas da área inspeccionada, fotografías desta e de cada un dos elementos alí instalados, plano de situación e datas, que permita apreciar o seu estado de conservación.
-Traballos preventivos e correctivos:
- Actuacións obrigatorias: O obxectivo que se persigue e o mantemento y reparación dos xogos para que estean sempre ao cen por cen do seu funcionamento, realizando para elo todas as actuacións que sexan necesarias
- Actuacións preventivas: Entre as obrigas do adxudicatario está a de realizar unha serie de traballos preventivos, os cales perseguen manter a vida útil dos elementos da área de xogos dentro dunhas marxes razoables; así, incluiranse neste apartado as seguintes tarefas:
- Axuste e substitución de pezas de unión das diferentes partes dos elementos instalados (parafusos, cadeas, asentos, redes, cordas, escaleiras, ramplas, elementos de unión, escuadras, outras pequenas pezas e etc.). A subministración destas pezas correrán por conta do adxudicatario.
- Lubricación de pezas móbiles.
- Pintado de xogos infantís, biosaudables, paneis informativos e valados.
- Eliminación de pintadas que aparezan dentro da área de xogos. Esta eliminación será realizada cando sexan detectadas as pintadas nas inspeccións semanais.
- Mantemento e reparación dos elementos das áreas de xogo: Os traballos incluídos neste epígrafe refírense á reparación das incidencias detectadas nas inspeccións semanas. Os traballos de reparación serán realizados inmediatamente despois de ser detectadas as deficiencias que precisan ser corrixidas. Mentres duren estes traballos, será precintado o elemento a reparar (ou o parque infantil/biosaudable completo, de ser o caso), impedindo a súa utilización por parte dos usuarios.
Tamén se inclúe no presente contrato a man de obra, o transporte, os xogos ou elementos así como a instalación e substitución dos xogos infantís e biosaudables completos. Os elementos ou xogos que se atopen deteriorados, por uso inadecuado, vandalismo, roubo ou incendio que poida darse nos xogos infantís, biosaudables repararanse sexa cal sexa a causa e substituirase calquera elemento xogo ou peza irreparable por outros das mesmas características que as anteriores.
-Limpeza das áreas de xogo: Deberán ser retirados todos os elementos perigosos, nocivos ou insalubres e, en xeral, calquera tipo de residuos, que poidan aparecer depositados nas áreas de xogo. A xestión destes residuos correrá por conta do adxudicatario.
-Reparación e conservación de carteis informativos e peches perimetrais: Os custes derivados do mantemento, pintado e reparación dos carteis informativos e dos peches perimetrais das áreas de xogo correrá por conta do adxudicatario, incluída a restitución das partes danadas dos mesmos. O estado de conservación dos carteis informativos deberá permitir a súa correcta lexibilidade, impedir a deterioración da súa pintura e dispor duns correctos elementos de ancoraxe. No relativo á conservación de valos perimetrais inclúese o pintado periódico destes.
-Reparación e conservación das zonas de absorción de impactos e pavimentos de seguridade: Nos parques infantís e biosaudables do Concello de Monforte de Lemos podémonos atopar con diferentes pavimentos de seguridade, polo que a súa conservación dependerá da tipoloxía destes. Ditos pavimentos teñen que permanecer en bo estado de conservación a fin de que cumpran coas condicións legais de seguridade exixibles.
-Reparacións de urxencia: Consideraranse reparacións de urxencia aquelas que, no caso de non ser realizadas, poñan en perigo a seguridade dos usuarios dos equipamentos. Moitas destas reparacións serán debidas a actos vandálicos, polo que non serán detectadas nas inspeccións semanais, senón que serán notificadas polos Servizos Municipais ou pola propia veciñanza. Nestes casos será o propio Concello o que se poña en contacto coa empresa adxudicataria e esta procederá á súa reparación de xeito inmediato no mesmo día no que se detecte o incidente.
-Danos por actos vandálicos: Os danos ou desperfectos sufridos nas áreas de xogos infantís e aparellos biosaudables por actos vandálicos, roubo ou incendio quedan cubertos polo presente presuposto de mantemento no referente á substitución ou reparación de pezas, pasamáns, proteccións de seguridade, cadeas, asentos, bulóns, carteis, ou outro repostos ou pezas. O custe destas actuacións non poderá exceder anualmente do 15% do prezo de adxudicación do contrato.
Medios humanos e materiais
O adxudicatario deberá dispor dun local para o persoal, vehículos, taller para reparacións e material necesario, no termino municipal de Monforte de Lemos.
Do mesmo xeito, deberá dispor da maquinaria e medios auxiliares necesarios para o desenvolvemento dos traballos previstos.
Finalmente, disporá do persoal necesario en cada momento e época do ano para a boa execución dos traballos de persoal conservación, á fronte dos cales deberá existir un técnico cualificado.