Monforte de Lemos, 24 de xaneiro de 2025. Na mañá de hoxe, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, fixo entrega, na Casa da Cultura de Monforte, dos premios do concurso municipal de Poesía de Nadal 2024 ós nenos e nenas que resultaron gañadores do mesmo.
Os premios foron fallados polo xurado o pasado 15 de xaneiro. Este concurso foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo.
Marina Doutón, que desculpou a ausencia do Alcalde, por estar participando estes días en diversos actos dentro da feira FITUR en Madrid, fixo entrega de diverso material escolar ós gañadores e gañadoras, agradeceu a participación de todos os nenos e nenas así como dos profesores e profesoras implicados no certame, e animounos a seguir desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nos diferentes concursos que dende o Concello se convocan ó longo do ano.
Os galardóns, nas súas distintas categorías, foron para:
Categoría A: Ata 8 anos
1º premio: Janett Carral González, do CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos.
2º premio: Sofía Rodríguez Pérez, do CPR Torre de Lemos.
3º premio: Estela Dacosta Losada, do CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos.
Accésit: Lúa Insua Mariño, do CEIP A Gándara.
Accésit: Chelsy María Jesús Tananta Soto, de CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos.
Categoría B: De 9 a 11 anos
1º premio: Dayma Pino Valcárcel, do CPR Ferroviario.
2º premio: Elia Vázquez Ríos e Erea Gómez Blanco, CPR Escolapios.
3º premio: Celtia Rodríguez Rodríguez, do CPR Ferroviario.
Accésit: Carlos Beard e Sergio Álvarez, do CPR Escolapios.
Accésit: Óscar Manuel Martínez López, do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos.
Categoría C: De 12 a 16 anos
-1º premio: Darlyn Giraldo Quiceno, do CEIP A Gándara.
2º premio: Irea González García, do CPR Ferroviario.
3º premio: Aarón Echeverry Gaviria, do CEIP A Gándara.
Accésit: Yousra Kamal Bouan, do CPR Torre de Lemos.
Accésit: Marcella Valentina Pereira Echeverría, do CPR Torre de Lemos.