A Concelleira de Cultura fai entrega dos premios de Poesía de Nadal 2024 do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 24 de xaneiro de 2025. Na mañá de hoxe, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, fixo entrega, na Casa da Cultura de Monforte, dos premios do concurso municipal de Poesía de Nadal 2024 ós nenos e nenas que resultaron gañadores do mesmo.

Os premios foron fallados polo xurado o pasado 15 de xaneiro. Este concurso foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo.

Marina Doutón, que desculpou a ausencia do Alcalde, por estar participando estes días en diversos actos dentro da feira FITUR en Madrid, fixo entrega de diverso material escolar ós gañadores e gañadoras,  agradeceu a participación de todos os nenos e nenas así como dos profesores e profesoras implicados no certame, e animounos a seguir desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nos diferentes concursos que dende o Concello se convocan ó longo do ano.

Os galardóns, nas súas distintas categorías, foron para:

 

Categoría A: Ata 8 anos

1º premio: Janett Carral González, do CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos.

2º premio: Sofía Rodríguez Pérez, do CPR Torre de Lemos.

3º premio: Estela Dacosta Losada, do CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos.

Accésit: Lúa Insua Mariño, do CEIP A Gándara.

Accésit: Chelsy María Jesús Tananta Soto, de CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos.

 

Categoría B: De 9 a 11 anos

1º premio: Dayma Pino Valcárcel, do CPR Ferroviario.

2º premio: Elia Vázquez Ríos e Erea Gómez Blanco, CPR Escolapios.

3º premio: Celtia Rodríguez Rodríguez, do CPR Ferroviario.

Accésit: Carlos Beard e Sergio Álvarez, do CPR Escolapios.

Accésit: Óscar Manuel Martínez López, do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos.

 

Categoría C: De 12 a 16 anos

-1º premio: Darlyn Giraldo Quiceno, do CEIP A Gándara.

2º premio: Irea González García, do  CPR Ferroviario.

3º premio: Aarón Echeverry Gaviria, do CEIP A Gándara.

Accésit: Yousra Kamal Bouan, do CPR Torre de Lemos.

Accésit: Marcella Valentina Pereira Echeverría, do CPR Torre de Lemos.