3 de xullo de 2018. Un total de 125 nenos e nenas gozarán durante a primeira quincena deste mes dun evento multideporte, dirixido a rapaces de entre 5 e 14 anos e que se desenvolve principalmente na área deportiva da Pinguela entre as 10 e as 14 horas.
Esta mesma semana comezou a actividade da primeira quincena do Campamento Deportivo de Verán, evento que está incluido dentro da programación deportiva que se oferta dende o Concello de Monforte para os meses de xullo e agosto.
Dende que se abriu o prazo de inscricións para as diferentes actividades que forman parte do Programa Deportivo de Verán, a Oficina Municipal de Deportes rexistrou preto de 400 solicitudes de participación, é a mellor cifra de inscritos dos últimos anos e supón a ocupación do 100% das prazas ofertadas nas dúas quincenas do Campamento Deportivo de Verán e no XII Campus de Fútbol Cidade de Monforte.
Para as persoas interesadas, cómpre destacar que aínda están abertos os prazos de inscrición, con prazas dispoñibles, para as seguintes actividades:
• IV Depor Campus Monforte
• Campus de Volei Praia Club Korbis – Club Fluvial
• V Campus de Voleibol Ribeira Sacra Monforte
• Cursos de Tenis para o mes de agosto
• VII Campus de Baloncesto Cidade de Monforte
• Campus de Ximnasia Rítmica
• Actividades na Piscina Municipal
Para máis información e en inscribirse nalgunha das actividades que forman parte do Programa Deportivo de Verán, as persoas interesadas poden dirixirse ás Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude, nas Casitas da Compañía.