Monforte, escenario de dúas ponencias sobre o futuro de Europa

25 de xuño de 2018. O Centro do Viño acollerá dúas ponencias sobre o futuro de Europa, o vindeiro luns, 2 de xullo.  En ámbalas dúas citas estarán o Alcalde, José Tomé, o Conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a Responsable da Comunicación da Comisión Europea en España, Teresa Frontán.

 

A primeira das ponencias, Café con Europa, comeza ás 18 horas e está dirixida a mozos de entre 16 e 35 anos. As persoas interesadas en acudir deberán inscribirse no seguinte enlace:

Inscripción ponencia Café con Europa

 

Posteriormente, ás 20 horas, comezará a ponencia Futuro de Europa, dirixida a maiores de 35 anos. O enlace a través do que cómpre realizar a inscripción é:

Inscripción ponencia Futuro de Europa

En ámbalas dúas citas, o público asistente gozará dun aperitivo.

Ademais, entre todas as persoas que participen nesta actividade, que se desenvolve en diferentes cidades españolas, vaise sortear unha viaxe a Bruxelas para dúas persoas.