O luns, 3 de setembro, abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais 2018-2019

31 de agosto de 2018. A partir do vindeiro luns xa será posible realizar a inscrición nas Escolas Deportivas Municipais do Concello para o curso 2018-2019.

O prazo para facelo remata o 27 de setembro.

O oferta deportiva divídese en actividades para nenos entre os 6 e os 15 anos, e actividades para adultos, a partir de 16 anos

Actividades para nenos:

  • Patinaxe
  • Golf
  • Pádel
  • Kung Fu
  • Zumba Kids

Actividades para adultos:

  • Ximnasia de mantemento
  • Tai Chi
  • Ioga
  • Zumba

 

 

 

A actividade de cada unha das modalidades deportivas comezará en outubro de 2018 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2019.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas poden facelo presentando o modelo de solicitude establecido no Rexistro do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.

O venres, 28 de setembro, publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos.

Se unha vez finalizado o prazo de inscricións se da o caso de que quedan prazas vacantes, hai a posibilidade de seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.

Máis información nas Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude, nas Casiñas da Compañía.

Regulamento e normas de inscrición nas escolas deportivas 18-19