Xa está aberto o prazo para que os deportistas individuais soliciten as bolsas do Concello

28 de setembro de 2018. Os deportistas de Monforte que practiquen algunha modalidade individual xa poden solicitar as axudas económicas que concede o Concello.

O importe total destinado a estas axudas ascende a 5.000 euros.

Para poder acceder a estas subvencións, os deportistas deberán cumprir os seguintes requisitos:

 

•          Estar empadroado no Concello de Monforte

•          Estar federado nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas

•          Ter participado, como mínimo, en tres probas ou campionatos de carácter oficial, dos cales un deles ten que ser o campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva

 

Todas as persoas interesadas poderán presenta méritos para a súa avaliación conseguidos entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

O cantidade máxima de cada unha das bolsa se establece en 600 euros por deportista.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a contar dende o xoves 27 de setembro.