Monforte de Lemos, 8 de xullo de 2019. A Casa da Cultura de Monforte de Lemos acollerá desde mañá e ata o vindeiro venres o XX Coloquio-Congreso Internacional Historia de la Educación: Identidades. Internacionalismo. Pacifismo y Educación. (Siglos XIX y XX), e reunirá a 150 alumnos inscritos que asistirán a la exposición de 113 comunicacións (47 na sección de “Identidades”, 29 en “Internacionalismo”, 15 en “Pacifismo” e 22 en “Outras contribucións”), 2 conferencias plenarias, un simposio e 2 obradoiros. Tamén acollerá diversos actos a Facultade de Ciencias de Educación de Ourense.
As Universidades galegas (Vigo, Coruña e Santiago de Compostela) en colaboración coas universidades de Firenze (Italia), Nova de Lisboa (Portugal) e Universidade do Estado de Santa Catarina (Brasil), organizan o XX Coloquio de Historia da Educación.
Baixo o tema elixido para esta ocasión “Educación: Identidades. Internacionalismo. Pacifismo y Educación” , o Coloquio articúlase en tres amplas Seccións, correspondendo aos tres tópicos fundamentais: “Identidades, Internacionalismo e Pacifismo”. Así mesmo, creouse outra sección baixo a denominación de “Outras contribucións” , na que se inclúen outras propostas relacionadas transversalmente coas tres seccións principais. En cada sección contémplanse, entre outros, tópicos relativos a: a) Lexislacións, currícula e formación do profesorado; b) Manualística e prácticas educativas; c) Movementos de opinión, historias de vida, experiencias de educación social e mass media; e d) Organizacións profesionais (sindicatos, asociacións docentes).
Programa XX Coloquio Historia Educación Monforte
Xornada do martes 9 de xullo
O programa previsto para a xornada de mañá martes 9 é o seguinte:
12:00 h.- Entrega de documentación (Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte)
16:30 h.- Inauguración (Salón de Actos da Casa da Cultura), coa presencia do Alcalde de Monforte, entre outras autoridades.
17:00 h.- Conferencia plenaria: “Identidades sociales y modos de educación” a cargo de Julia Varela Fernández, Catedrática de Sociología de la Universidad Complutense de Madrid.
20:00 h.- Recepción Oficial na Casa do Concello de Monforte, cóctel de benvida.
22:00 h.- Concerto aberto a todo o público de Carmen Penim Cuarteto, na praza de España.
No Programa, cabe destacar a participación de Julia Varela Fernández (conferencia plenaria inaugural), así como a de Alejandro Tiana Ferrer (Secretario de Estado de Educación y Formación Profesional do Ministerio de Educación y Formación Profesional) y de António Sampaio da Nóvoa (profesor da Universidade de Lisboa e Embaixador de Portugal na UNESCO) ambos protagonistas da na xornada de clausura do Coloquio, o vindeiro venres 12.
Concerto de Carmen Penim Cuarteto
A xornada de mañá martes terá como colofón a celebración do concerto de Carmen Penim Cuarteto, que terá lugar na Praza de España de Monforte a partir das 22:00 horas, baixo o título “Cantos de Terra e Sal”. Un concerto gratuíto e aberto tanto para os participantes no Coloquio como para os monfortinos e visitantes que desexen disfrutar do mesmo.
“Cantos de Terra e Sal” presenta cancións propias e versións de cantos tradicionais da nosa terra nunha clave fresca, moi orixinal e vital. Podería calificarse de fusión tradición e jazz, pero o que os distingue é a orixinalidade e a calidade.
Os músicos e música que acompañarán a Carmen Penim son Javier Rabanal, contrabaixo, Noli Torres, batería, Lola Fernández Parada na percusión e por suposto, o gran pianista italiano Maurizio Polsinelli, co que Carmen forma tamén o dúo “2naFronteira”.
Carmen Penim xa é coñecida polo seu traballo co mencionado dúo en torno á poesía en lingua galega e o proxecto HERDEIRAS (muller, identidade, memoria), co que estivo precisamente en Monforte hai algo máis dun ano.
Con estes repertorios xa colleitou recoñecementos como ver incluídos os seus traballos na sala de escritores e escritoras do museo da Limia, ser nomeada con 2naFronteira coma xuíza honoraria do Couto Mixto e aparecer como “Referente Galega” na iniciativa da Asociación de mulleres empresarias galegas.
Os seus concertos son sempre de gran calidade, caracterizados por unha improvisación moi persoal, unha gran voz e unha forte intensidade emotiva, xunto a unha comunicación especial co público, todo o cal fai dos seus concertos unha experiencia inesquecible.