Monforte de Lemos, 7 de abril de 2019. Logo dos votos emitidos ao longo da fin de semana polos cidadáns que se achegaron a visitar o III Mercado Medieval de Monforte e participaron no concurso “A polo mellor doce...”, resultou gañadora a elaboración da Pastelería Chocolat, que foi que máis votos obtivo grazas a súa tarta “Capricho de Doncella”. Deste xeito, coronouse coma “Mellor Doce Medieval de Monforte 2019”.
Nesta terceira edición do Mercado Medieval de Monforte, organizado 15 días antes da Feira Medieval, que terá lugar o 20 e 21 de abril, unha das novidades deste ano foi a Exposición de doces, pasteis, biscoitos e tartas inspirados no Medievo na que participaron as seguintes pastelerías e panaderías de Monforte:
- Panadería Fernández coas elaboracións “Muffins de laranxa e chocolate” e “ Tarta de améndoas e noces”
- Panadería As Gándaras: “Bica de manteiga e iogur”
- Panadería Estación: “Brazo de xitano tradicional”
- Panadería La Luna: “Torreón feiral”
- Panadería y Confitería Moure: “Daklawa”
- Pastelería El Parque: “Rosquillas da avoa”
- Panadería Tuiriz: “Tarta de mazá ó estilo tradicional”
- Panadería Val de Lemos: “Biscoito de leite”
- Pastelería Chocolat: “Capricho de doncela”
- Panadería Tarrazo: “Típicos amendoados” e “Bica de castana”
Dende o Concello, queremos agradecer a todas as panaderías e pastelerías que formaron parte do concurso a súa participación e implicación, e sobre todo, que se volcaran tanto na preparación dos doces presentados, que foi de enorme calidade e elaboración.