Monforte de Lemos, 17 de decembro de 2019. O Concello de Monforte está a ultimar os preparativos para que a Praza de Abastos acolla, un ano máis, o tradicional Mercado de Nadal na Praza de Monforte de Lemos, que se celebrará os días 21 e 22 de decembro de 2019.
Nesta nova edición do “Mercado de Nadal na Praza: Agasallos, artesanía decoración e xogos 2019”, participarán profesionais do eido da artesanía, empresas de decoración de Nadal e do fogar, de agasallos, xoguetería e complementos para o Nadal.
O horario de apertura dos postos será na xornada do sábado 21 de decembro, de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 e o domingo 22, de 10:30 a 14:00.
O Nadal na Praza volverá a ser referente nas datas de Nadal, onde se poderán atopar agasallos de calidade artesanais e pezas únicas, así como todo tipo de artigos relacionados coas compras navideñas. Ademais da oferta de produtos dos diferentes expositores, levaranse a cabo actividades complementarias relacionadas co ocio e o lecer, co obxectivo de facer máis dinámico e atractivo o Mercado.
O o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, indicou que “con este tipo de eventos, como é o Nadal na Praza, queremos potenciar e colaborar co mercado local, para crear pulos comerciais que aposten pola importancia da compra no pequeno comercio”.
Programa de actividades
O sábado 21 de decembro, terán lugar as seguintes actividades:
11:00 a 14:00 “Showcooking Navideño”- Obradoiro de cociña creativa para nenos e nenas.
18:00 Contacontos “Filipa cos contos”
Domingo 22:
11:00 a 14:00 h.- “Showcooking de cociña de Nadal”, para adultos.
11:30 a 14:00 h.- Obradoiro “Nadal en igualdade”, a cargo da ilustradora Laura Cortés, e que consistirá na creación de postales 3D con personaxes navideñas femininas como a “Apalpadora”.