Monforte de Lemos, 12 de novembro de 2019. Na Xunta de Goberno do Concello de Monforte, celebrada onte luns día 11, o Equipo de Goberno ven de aprobar a concesión de subvencións a Asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións para actividades realizadas no exercicio 2019.
A contía destinada a estas subvencións ascendeu a 12.000 euros, sendo 1.000 euros a contía máxima para cada subvención. As asociacións teñen de prazo ata o día 13 de decembro para xustificar a subvención concedida.
O Alcalde, José Tomé Roca, resaltou que “o que pretendemos con esta liña de axudas é apoiar e incrementar as actuacións culturais da nosa cidade, a través do fomento de charlas, coloquios, conferencias, publicacións, concertos, eventos, etc., que sexan de interese xeral para os cidadáns ou sobre algún colectivo que mereza especial atención. E tamén, queremos contribuír ó aumento do asociacionismo de tipo cultural, artístico e creativo na nosa cidade”.
Requisitos dos beneficiarios
Para poder optar a este tipo de subvencións, as asociacións debían cumprir unha serie de requisitos, ademais de figurar legalmente constituídas no rexistro de asociacións do Concello (ter domicilio social, sede ou representación en Monforte) e desenvolver actividades de interese xeral para o municipio, xa sexan de carácter cultural, veciñal, popular, profesional, lúdico ou recreativo. Estes requisitos son:
- Carecer de ánimo de lucro.
- Estar debidamente inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monforte de Lemos no momento de presentar a solicitude.
- Non ser debedora co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
- Non ser debedora coa Facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
- Non estar incursa en prohibición para obter a condición de beneficiaria de subvención públicas.
- Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.
- Estas subvencións exclúen a Asociacións e Entidades Deportivas, así como aquelas que realicen actividades de carácter social, pois contan con liñas de axuda específicas.
Entidades beneficiarias
Nº |
ASOCIACIÓN |
SUBVENCIÓN A CONCEDER |
1 |
A. C. OS XOGRARES DE LEMOS |
622,63 € |
2 |
SOCIEDAD LA FRATERNAL |
905,64 € |
3 |
A. C. AMIGOS DA PANDEIRETA |
849,04 € |
4 |
SOCIEDAD CIRCULO VICTORIA |
905,64 € |
5 |
A. CULTURAL Y DEPORTIVA SAN MARTÍN DE PIÑEIRA |
679,23 € |
6 |
A. VV. STA. BARBARA DE DISTRIZ |
275,37 € |
7 |
A. VV. DE RIBASALTAS |
679,23 € |
8 |
ASOCIACION PLATAFORMA DEFENSA SANIDADE PUBLICA |
392,26 € |
9 |
ASOCIACION VECIÑOS BARRIO DE COBAS |
77,28 € |
10 |
ASOCIACIÓN CULTURAL LEMAVOS |
566,03 € |
11 |
ANPA COLEXIO PP. ESCOLAPIOS DE MONFORTE |
679,23 € |
12 |
CASINO ATENEO DE MONFORTE DE LEMOS |
105,39 € |
13 |
A. VV. DE PIÑEIRA |
515,08 € |
14 |
ASOCIACION CULTURAL TEATREIRAS |
67,67 € |
15 |
ASOC DE PALILLEIRAS DA RIBEIRA SACRA |
427,92 € |
16 |
SOCIEDADE GASTRONOMICA E CULTURAL O TIZON |
509,42 € |
17 |
ASOCIACION CULTURAL, DEPORTIVA E VECIÑAL DAS FONTES |
494,99 € |
18 |
ASOCIACION CULTURAL,EDUCATIVA E SOCIAL AULABERTA |
373,67 € |
19 |
A. VV. A XUNTANZA DE STA MARIÑA DO MONTE |
610,18 € |
20 |
ASOCIACION CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA |
792,44 € |
21 |
A. VV. DO BARRIO DA FLORIDA "EDUARDO PONDAL" |
735,83 € |
22 |
ANPA COLEXIO A GÁNDARA |
735,83 € |
|
TOTAL SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS |
12.000,00 € |
O Alcalde concluíu salientando que “con estas axudas dende o Equipo de Goberno do Concello apoiamos ás iniciativas, actuacións e programas que contribúen á dinamización da vida cultural de Monforte, actividades que complementan os programas dos servizos culturais municipais e que se dirixen á comunidade en xeral.”