Aberto o prazo de inscrición para o VII Obradoiro de verán de música e baile do Concello de Monforte

Lugar: 
Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez
Actividad: 
VII Obradoiro de Verán de Música e Baile do Concello de Monforte de Lemos
Fecha: 
luns, Agosto 19, 2019 - 10:00 a venres, Agosto 23, 2019 - 20:00

Monforte de Lemos, 11 de xuño de 2019. Dende onte 10 de xuño está aberto o prazo de inscrición no VII Obradoiro de verán de música e baile do Concello de Monforte. Dito obradoiro desenvolverase entre os días 19 e 23 de agosto de 2019 no Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez”, situado no Edificio Multiusos, en horario de mañá de luns a venres.  

O obradoiro constará de 3 partes diferenciadas:

Música

Estará dirixida a todas as idades e contará con obradoiros de práctica instrumental de especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro,..). O nivel será de iniciación, medio ou avanzado.

 

Música e Baile

Dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 9 anos. Constará dun obradoiro específico e combinado de música e movemento, no que os alumnos e as alumnas iniciaranse na educación rítmica e auditiva, na práctica instrumental e na danza moderna.

 

Danza

A parte adicada á danza, estará dirixida a nenos e nenas e xóvenes en xeral nas súas distintas modalidades. Formaranse distintos talleres por  idades:

  • Danza tradicional galega, a partir de 6 anos
  • Danza Moderna, a partir de 10 anos
  • Ballet Clásico, a partir de 6 anos

 

Para impartir os diferentes cursos e obradoiros, contarase con profesores especializados nas distintas materias e especialidades.

 

INFORMACIÓN:

INSCRICIÓN:

  • Do 10 de xuño ao 5 de xullo na Secretaría do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” (Edificio Multiusos)
  • Do 1 ao 17 de agosto no edificio do concello – Rendas

 

PREZO ÚNICO: 25 €. Que inclúe poder elixir ata tres obradoiros máximo.