Monforte de Lemos, 5 de agosto de 2019. Hoxe deu comezo a actividade do XIII Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo, que prolongará a súa actividade ata o venres 9 de agosto e no que participan un total de 100 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos.
Esta actividade, que forma parte do amplo programa deportivo de verán que organiza o Concello de Monforte para este ano 2019, está dirixida por adestradores e monitores do R.C. Vigo que durante a semana de duración se encargarán de impartir as sesión de adestramento coa metodoloxía empregada nas categorías inferiores do R.C. Celta de Vigo.