Mañá celébrase a XXI Mostra de Panxoliñas para centros de ensino do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 18 de decembro de 2019. Mañá xoves 19 de decembro ás 18:00 horas e no Edificio Multiusos, nenas e nenos de diferentes centros de ensino interpretarán composicións musicais de Nadal dentro da XXI Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada dende a Concellería de Cultura.

A mostra, que se desenvolve en todas as edicións con grande éxito, chega este ano á súa vixésima primeira convocatoria e ten como fin un ano máis espertar a afección ó canto coral e á música entre os nenos e nenas dos centros de ensino da cidade.

Nesta 21ª edición os centros de ensino participantes son:

  • Colexio PP. Escolapios
  • Fundación Educativa Torre De Lemos
  • Colexio P. Ferroviario

 

Programa XXI Mostra de Panxoliñas

COLEXIO FERROVIARIO

Bomberos a Belén, a cargo de alumnos de educación infantil e dos profesores Beatriz Donado Estevan, Nuria Mª Trujillo Quiroga e Ana Mª Moure Pereiro.

FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS

Xa me tardan estes Reis Magos, por alumnos de educación infantil e dos profesores do equipo de Educación Infantil.

FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS

A la luz del sol (BSO Brave), Volaré, interpretadas por alumnos de educación primaria e o profesor Ibán Pérez Rodríguez.

COLEXIO P. FERROVIARIO

Cando é Nadal, alumnos de 1º de educación primaria, coa profesora Sabela González Chas

COLEXIO PP. ESCOLAPIOS

Tus amigos, Jesús de J. Luis Nieves, polo coro de primaria e o profesor José Luis Nieves Vila.