Monforte de Lemos, 1 de novembro de 2019. Mañá sábado 2 de novembro ás 20:00 h o Coro do Hospital de Lugo realizará un concerto na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, actividade que conta co apoio do Concello de Monforte de Lemos e tamén coa colaboración económica da Deputación de Lugo.
A actividade denominada "O cantar da nosa lingua" baixo o guión de Adela Figueroa Panisse. A entrada é gratuíta.
Programa
Ondas do mar de Vigo - Martin Codax. Cantigas de amigo. S. XIII/XIV
Ai, flores do verde pino - Don Denís. Cantigas de amigo. (1261 – 1325) – Miguel Carneiro (n.1933)
Quen puidera namorala - L.E. Batallán (1948) – Álvaro Cunqueiro (1911 – 1981)
Foliada de Nadela - Fuxan os ventos – Arr. Fernando G. Jácome
Alalá de Muxía - Tradicional
Terra meiga - Rey Rivero (1919 – 2012)
Negra sombra - Xoán Montes (1840 – 1899) – Rosalía de Castro (1837 – 1885)
San Campio - Xosé Torres Creo (1939) – Manuel Lago González (1865 – 1925)
Canción do temporal - Juan López López – Lois Amado Carballo (1901 – 1927)
María Soliña - A..Paz Valverde (1937 - )– Celso Emilio Ferreiro (1912 – 1979)