Monforte de Lemos, 1 de maio de 2019. O Alcalde, José Tomé, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentaron o programa de Concertos Musicais das Festas Patronais 2019, que se van celebrar do 11 ó 16 de agosto. Esta presentación veu motivada, segundo apuntou o rexedor, “porque o novo goberno que saia das próximas eleccións non toma posesión ata mediados de xuño e isto deixaría pouco marxe de tempo para organizar as Festas”.
Deste xeito, engadiu, “hoxe solo imos falar do que son as actuacións musicais posto, que o cartel anunciador será presentado cando rematen os traballos de selección dentro duns días, así como o pregoeiro e o programa completo con toda a actividade cultural do verán.”
Deste xeito, as actuacións que vai haber en cada un dos días das Festas Patronais de Monforte deste ano son as seguintes:
Luns 12 de agosto
- Grupo de DVICIO
- Orquestra Marbella
Martes 13 de agosto
- CARLOS BAUTE
- Orquestra Finisterre
Mércores 14 de agosto
- CHENOA
- Orquestra Principal
Xoves 15 de agosto
- BLAS CANTÓ
- Orquestra La Oca
Venres 16 de agosto
- Orquestra PANORAMA
- Grupo “SR. ALIAGA”
O mandatario local manifestou que “Por outra banda, quixemos facer un programa musical tratando de que estas Festas Patronais sexan as festas de todos, que den resposta ós distintos gustos e estilos musicais que poden ter os monfortinos ou as persoas que nos visitan”.
E rematou salientando que “este programa, sen dúbida, será positivo para o comercio e para a hostelería de Monforte, porque entendemos que o que se inviste nunhas Festas Patronales atractivas como estas produce un retorno moi importante na nosa economía.“