O certame, que abriu hoxe as súas portas no restaurante Don Manuel, terá continuidade na xornada de mañá domingo, onde destacará a celebración ás 19:00 horas do “Desfile de Noivos, Gala e Comunión”. O evento está dirixido especialmente a noivos que queiran planificar a súa voda así como a todos aqueles que desexen organizar eventos coma bautizos ou comuñóns.
Monforte de Lemos, 16 de febreiro de 2019. Ás 11:00 da mañá abriu as súas portas unha nova edición do certame ShowRoom Bodas & Eventos 2019, a terceira edición dun evento que se está a celebrar nas instalacións do restaurante Don Manuel. Hoxe estará aberto ata as 9 da noite, e manterá o mesmo horario na xornada de mañá domingo, na que terá lugar o evento estrela do certame, o Desfile de Noivos, Gala e Comunión, a partir das 19:00 horas.
O certame pretende inspirar e axudar aos noivos que desexen organizar a súa voda e, en xeral, a todo aquel que queira organizar un evento, como poden ser unha comuñón ou bautizo.
Xornada inaugural
Aínda que o Showroom abriu as súas portas dende as 11 da mañá, a inauguración oficial tivo lugar ás 13 horas, e correu a cargo do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Estivo ademais acompañado pola Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, Raquel Arias, e do alcalde de Sober, Luis Guitián.
O Alcalde salientou que para esta terceira edición “temos a sorte de contar coa presencia de máis de 30 expositores relacionados coa organización de todo tipo de eventos: servizos de animación, floristería, fotografía e vídeos, invitacións e decoración, xoiería e orfebrería, lencería, animación e ambientación musical, perruquería, decoración con globos maquillaxe, repostería, tocados e complementos, traxes, viaxes e turismo, coches clásicos, food trucks e coctelería…” E por iso, José Tomé Roca fixo fincapé en “agradecer a presencia de todos os expositores neste evento, así como o seu esforzo e seu traballo por manter esta cita”.
O ShowRoom Bodas & Eventos 2019 conta, ademais do espazo expositivo ao que aludiu o Alcalde, con dous eventos destacados na súa programación:
Desfile de Noivos, Gala e Comunión: celebrarase mañá domingo 17 de febrero ás 19:00 horas; será un desfile que contará coas últimas tendencias en moda para eventos, maquillaxe e complementos e contará coa participación de modelos profesionais.
Sorteo Bono-Regalo D. Manuel: todos os asistentes que acudan ao Showroom entrarán no sorteo dun “Bono Regalo D. Manuel”, consistente en 2 cenas para 2 personas no restaurante Manuel Bistró de Monforte de Lemos.