Monforte de Lemos, 12 de decembro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, participaron onte en Jaén na 53ª Asemblea xeral ordinaria da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad.
Durante a Asemblea, que se celebrou no Palacio Municipal de Cultura de Jaén, traballouse en diferentes asuntos de interese, fundamentalmente o orzamento e os novos proxectos para o ano 2020, englobados tanto no área de Promoción Turística como nas áreas de Educación ou Cultura.
O encontro serviu para así abordar estratexias común para acadar unha maior promoción das cidades da Rede no mercado nacional, da gastronomía sefardí e da formación online de guías turísticos, aspectos estes que marcarán a actividade da Red de Juderías durante 2020. A estas estratexias sumouse o Concello de Monforte, que en verbas do seu alcalde, “é moi importante para todos os membros da Red incorporarse a novas iniciativas de turismo e promoción que se engadan ás xa existentes”. Do mesmo xeito, a Monforte incorporouse na Asemblea á Comisión de Turismo, para traballar dende a mesma na consecución das estratexias establecidas.
A altísima participación nesta Asemblea, na que participaron 19 das 22 cidades integrantes da Rede, pon de manifesto o interese crecente que supoñen para estas cidades as diferentes propostas articuladas desde a Rede en torno á revalorización do patrimonio sefardí.
A celebración da Asemblea contou con diversas actividades, como a presentación das guías turísticas das cidades da Red de Juderías (que poden consultarse na web www.redjuderias.org), unha visita guiada polo Jaén xudeu, e unha comida institucional.
Finalmente, está previsto que a cidade de Monforte presida en 2022 a Red de Juderías, e que polo tanto a cidade acolla a celebración da súa Asemblea anual, xa que esta presidencia establécese por orde alfabética das cidades membro: se Jaén asumiu a presidencia en 2019, en 2020 será a quenda de León, en 2021 a de Lucena, e en 2022, Monforte.