Monforte de Lemos, 10 de abril de 2019. O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, recibiu esta mañá ao taekwondista monfortino Alejandro Fernández Franjo e á súa familia (seus pais e avós, así como a súa irmá) para recoñecer o seu éxito no Campionato de Europa de Taekwondo Poomsae celebrado en Antalya (Turquía), entre o 2 e o 4 de abril, onde conseguiu a medalla de ouro na categoría cadete.
Esta xove promesa está acostumada a subir ó máis alto do podio en numerosas ocasións tanto en campionatos autonómicos como nacionais e internacionais.
Así, a pesar da súa curta idade (13 anos), Alejandro xa disputou un mundial de taekwondo no ano 2018, en Taipei, conseguindo un magnífico 5º posto, e tamén en 2018 se proclamou Campión de España de Taekwondo Poomsae, Subcampión de Europa por Clubs e finalizou o ano como 1ª clasificado do Ranking Nacional.
Alejandro e sen dúbida un dos deportistas monfortinos con máis proxección que seguro seguirá traendo moitas alegrías para o deporte local.