Monforte de Lemos, 5 de xullo de 2019. O Concello de Monforte de Lemos está a realizar, durante esta semana, labores de mantemento e rexeneración do terreo de xogo do Campo Municipal da Pinguela, co fin de que este se atope nas mellores condicións posibles de cara a tempada 2019 - 2020
Especificamente os traballos que se están a realizar son os seguintes:
- Aireado do terreo de xogo: consiste en pinchar o campo cunha máquina especializada disposta dunha serie de púas dunha lonxitude e grosor acorde co tipo de terreo. O obxectivo deste traballo e a osixenación do terreo.
- Escarificado: consiste en pasar unha máquina co fin de eliminar unha capa fina que se forma na superficie do chan e que está formada por restos de raíces e follas que se van acumulando e que impide que a auga, o abono e o aire pasen á zona de raíces.
- Recebado de area: traballo que consisten en estender unha capa fina de area por toda a superficie que se está a tratar, co fin, entre outros, de reencher os buratos que se fixeron na fase de aireado.
- Resementado e aboado: aplicar sobre a superficie de xogo a cantidade de semente e abono necesaria.
Estes traballos requiren dunha maquinaria específica e persoal especializado e están a ser levados a cabo pola empresa Calfensa Proyectos S.L.