O Concello mellora a iluminación das rúas Saviñao e Malvarón

17 de xaneiro de 2019. Tal e como anunciara o Alcalde, o Concello de Monforte segue adiante co seu proxecto para mellorar a iluminación no conxunto das rúas da cidade. As últimas tarefas realizáronse nas rúas Saviñao e Malvarón.

 

Polo que respecta á rúa Saviñao, o Goberno municipal decidiu substituír catro luminarias de vapor de sodio por outras novas tipo led, que permiten unha alta eficiencia enerxética. Esta actuación vai permitir incrementar a luminosidade da rúa, reducir as emisións á atmosfera e tamén se vai traducir nun aforro económico para as arcas municipais.

 

 

 

No caso da rúa Malvarón, os operarios municipais instalaron dúas novas farolas. Unha delas, na beirarrúa que está fronte ó Bodegón, e a segunda farola instalouse á altura do número 25.

 

José Tomé apuntou que “o noso obxectivo é mellorar a iluminación e reducir o consumo enerxético e polo tanto, o económico, mellorando os niveis de iluminación, máis axeitados para as empresas e as vivendas”.

 

 

Mellora da iluminación pública

 

Dende que comezou o mandato en 2015, o actual Equipo de Goberno mellorou a iluminación en máis dunha trintena de rúas da cidade e en máis de 200 farolas das parroquias.  

 

O Alcalde afirma que “a nosa vontade é manter esta liña de traballo, para tratar de chegar coa mellora da luz pública á maior parte da cidade. Se os monfortinos nos encargan seguir gobernando, no próximo mandato alcanzaremos prácticamente a tódolos puntos do noso municipio”.