Monforte de Lemos, 25 de xuño de 2019. Na mañá de hoxe a Casa do Concello de Monforte acolleu a presentación dunha nova iniciativa empresarial que supón unha inversión de 2 millóns de euros e que levará á creación de 25 postos de traballo directos na cidade do Cabe.
Deste xeito, o Alcalde, José Tomé Roca, estivo acompañado polo impulsor desta importante iniciativa, o empresario Jesús Hernández Bleda, que a deu a coñecer baixo o nome de “Gallaecia Delicatessen”. Unha empresa de nova creación e con sede na provincia de Lugo que, en verbas do Alcalde, “é a primeira empresa deste nivel de inversión, e deste nivel de creación de emprego que se instala de novo no Polígono Industrial do Reboredo en moitos anos”.
Gallaecia Delicatessen
A empresa Gallaecia Delicatessen adícase á transformación e comercialización de produtos relativos o despece de carne de gando vacún de reses autóctonas selectas de Galicia. Como indicou Jesús Hernandez “sólo ganado autóctono gallego, piezas nobles, piezas extras, piezas de primera y elaborados.”
Deste xeito, o seu produto principal son os lomos madurados tanto de vaca coma de boi, para os que utilizan o sistema máis moderno de maduración, que consiste en controlar a humidade e a temperatura para acadar unha óptima maduración do produto, denominado “Dry Age” ou maduración en seco.
Tal e como indicou o empresario, de orixe catalana pero afincado en Bóveda, a comercialización dos seus produtos, 100% galegos e da máxima calidade, faise a través de distribuidores e clientes finais en toda España pero tamén na Unión Europea, en países como Francia, Alemania, Bélxica ou Suíza.
Gallaecia Delicatessen está xa ubicada nunha parcela do Polígono Industrial do Reboredo, ocupando, en verbas do seu promotor, “un total de 1800 metros cuadrados de instalaciones, que incluyen muelle de carga y descarga, zona de lavado de utensilios, tres cámaras de maduración, sala de despiece, sala de elaborados, sala de envasados y almacén de productos terminados, todos ellos destinados a la producción. Además disponemos de otros 200 metros cuadrados para oficinas, 100 metros cuadrados para vestuarios y 200 metros cuadrados de almacén.”
Na actualidade, a empresa está comezando a súa actividade, e nela traballan xa 6 persoas. A previsión é que se poidan alcanzar os 25 empregos directos.
O proxecto conta cunha inversión de arredor de 2 millóns de euros, nos que se inclúe unha subvención de 478.175,90 euros que foron concedidos a través da Consellería de Medio Rural.
Jesús Hernández concluíu a súa intervención sinalando que “nosotros estamos muy satisfechos con este proyecto que genera inversión, que genera puestos de trabajo y que genera riqueza, siendo la primera empresa nueva con este nivel de inversión que se instala en el Polígono Industrial do Reboredo en muchos años.” Neste senso, agradeceu a axuda da Consellería, do Concello, e especialmente a do Alcalde, “porque sin su insistencia, este proyecto no existiría hoy en Monforte”.