Monforte de Lemos, 2 de maio de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu hoxe á nova xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo Doce, que é a entidade propietaria das parcelas sen vender do Polígono Industrial de O Reboredo.
O motivo da visita da Xerente do SEA era facer a presentación diante do Alcalde logo de ser nomeada recentemente no seu cargo, e aproveitar a xuntanza en Monforte para analizar a situación do Polígono industrial de O Reboredo e as posibilidades de venta das parcelas sobre as que existe demanda de varias delas.
Na xuntanza, tamén se analizaron as posibilidades de ampliación do Polígono e mesmo a conveniencia de modificar a calificación dunha parte do parcelario que permita ubicar no entorno da Depuradora terreos de zona verde, e aproveitar para a actividade industrial outras parcelas ubicadas noutra parte do Polígono.
Tanto o Alcalde como a Xerente do SEA acordaron seguir tendo contacto periódico para tratar de dinamizar e potenciar o Polígono monfortino.