Recoñecemento ós atletas Club Taekwondo Neka polos éxitos acadados no Campionato de Europa en Turquía

Monforte de Lemos, 22 de abril de 2019. A tarde de hoxe serviu para recoñecer novos éxitos a cargo de deportistas monfortinos. Deste xeito, o Alcalde da cidade, José Tomé Roca, recibiu no concello a 6 deportistas do Club Taekwondo Neka, En recoñecemento polos resultados conseguidos e pola súa participación no Campionato de Europa de Taekwondo que se celebrou en Antalya (Turquía) entre o 2 e o 4 de abril de 2019, representando á Selección Española de Taekwondo.

Os taekwondistas monfortinos ós que se lles rendeu homenaxe foron Daniel Areal Grejs, Ana López Vázquez, Karla Novo Taboada, Laura Álvarez Suárez, Marco García Martínez e Alejandro Losada Rodríguez.

Os resultados conseguidos no Campionato de Europa de Taekwondo foron os seguintes:

Daniel Arean Grejs:

  • Medalla de bronce en técnica individual, categoría cadete.
  • Medalla de bronce en técnica parellas, categoría cadete (facendo parella con Laura Álvarez Suárez)

Laura Álvarez Suárez: medalla de bronce en técnica parellas, categoría cadete (facendo parella con Daniel Arean Grejs)

Alejandro Losada Rodríguez: medalla de bronce en técnica individual, categoría senior

Equipo Freestyle Mixto: 7ª praza. O equipo estivo formado por Marco García Martínez, Laura Álvarez Suárez, Daniel Arean Grejs, Karla Novo Taboada e Ana López Vázquez.

 

O Alcalde, en nome de todos os monfortinos, felicitou aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte europeo.