O Alcalde anuncia que Monforte volverá a ser fin de etapa de La Vuelta Ciclista a España en 2025

-José Tomé Roca ven de anunciar que o Concello de Monforte acordou coa empresa organizadora de “La Vuelta”, que Monforte sexa fin de etapa, a principios de setembro e que finalizará na Compañía.

-O Alcalde explicou que “o próximo día 19 de decembro será a presentación oficial  en Madrid para todos os medios de comunicación, acto no que se desvelarán todos os detalles das diversas etapas e ó que José Tomé acudirá como Alcalde do Concello de Monforte ”.

- Tal e como explicou o rexedor monfortino, é un feito histórico conseguir que en solo 4 anos haxa dúas finais de etapa de “La Vuelta a España” en Monforte, resaltando “o que supón para a promoción tan importante que se fai da cidade coas retransmisións en directo das finais de etapa que son vistas por millóns de persoas”.

-O Alcalde destacou que é unha excelente noticia para Monforte e para a Ribeira Sacra que “La Vuelta a España” volva a Monforte no seu 90 Aniversario e calificou esta etapa como “longa e dura, das que se denominan como rompe pernas, polas continuas subidas e baixadas, que sen dúbida van a poñer a proba as forzas dos corredores”

Monforte de Lemos, 4 de decembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Dña Gloria Prada e polo Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos. D. José Luis Losada, anunciou hoxe en rolda de prensa, que Monforte volverá a ser final de etapa da “Vuelta Ciclista a España” en 2025.

A presentación oficial de “La Vuelta a España”, tal e como explicou o rexedor, terá lugar o próximo día 19 de decembro en Madrid, evento no que se darán a coñecer os detalles de todas as etapas e acto ao que acudirá o Alcalde tal e como confirmou hoxe na rolda de prensa ofrecida ós medios de comunicación.

José Tomé adiantou, nembargantes, información relevante respecto ó evento con relación a Monforte, afirmando que o percorrido será similar ó do ano 2021, que xa foi revisado persoalmente polos técnicos encabezados por Fernando Escartín e que será “unha etapa longa e dura das que no ciclismo se denominan como rompe pernas polas continuas subidas e baixadas que sen dúbida van poñer a proba as forzas dos corredores cando xa levarán percorridas as tres cuartas partes da carreira”.

O rexedor tamén explicou que o acordo para que Monforte sexa por segunda vez fin dunha etapa de “La Vuelta a España”, alcanzouse entre o Director General de La Vuelta, D. Javier Guillén e o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, despois de varias reunións para acordar os termos deste evento, desvelando ademais, que neste mesmo mes, se producirá unha visita de cortesía do Sr. Guillén á nosa cidade dada a excelente relación persoal que manteñen os dous.

O Alcalde quixo resaltar a promoción tan importante que fai de Monforte “La Vuelta a España”, coas retransmisións en directo tan importantes das finais de etapa que sen dúbida, son unha proxección para o turismo, dando a coñecer os nosos monumentos e as nosas paisaxes, e que son vistos por moitos millóns de persoas.

Tal e como explicou o rexedor monfortino, é un feito histórico conseguir que en solo 4 anos haxa dúas finais de etapa de La Vuelta a España en Monforte, no ano 2021 e agora no 2025. Pero tal e como explicou Tomé, se miramos dende que eu son Alcalde, levamos 4 relacións coa Volta dado que en 2016 fomos saída de etapa, en 2020 pasou por Monforte a etapa que rematou en Luintra  e as dúas saídas de etapa das que falaba antes.

O Alcalde subliñou que un evento deportivo como é “La Vuelta a España”, sempre é unha oportunidade de negocio e de retorno económico, para o sector do turismo, do comercio e da hostaleira, que lles vai servir para pechar o verán dun xeito moi positivo.

José Tomé quixo rematar a rolda de prensa convidando a todos os monfortinos e monfortinas para que o día que chegue “La Vuelta” “saian á rúa e animen esa carreira multicolor que sempre é un espectáculo e quen non é fácil tela tantas veces na mesma cidade en tan pouco tempo, e Monforte- tal e como afirmou Tomé- saberá estar á altura, como fai sempre.

Tomé considera unha honra que Monforte sexa protagonista dun evento deportivo a nivel mundial, porque La Vuelta sae en resumes de todas as televisións a nivel mundial e Monforte será visto por mil millóns de persoas en todo o mundo, xa que está demostrado por anos anteriores que esa é a audiencia de “La Vuelta”.