O Alcalde de Monforte recibe en visita institucional a Dona Blanca García Montenegro, Presidenta do Grupo El Progreso

-José Tomé Roca, recibiu no edificio da Casa Consistorial a Dona Blanca García Montenegro que visitou Monforte acompañada de Dona Blanca de Cora, Consejera Delegada do Grupo El Progreso e de Don Alfonso Álvarez Riveiro Director do diario El Progreso.

-Dona Blanca García Montenegro foi recibida polo Alcalde, a Tenente Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, que se dirixiron ó despacho de Alcaldía, onde asinou no Libro de Honra e mantivo unha breve reunión privada co Alcalde. A continuación, realizaron unha visita ó Museo das Clarisas, de Arte Sacro e Arte Italiano dos séculos XVI e XVII e seguidamente, ó Colexio de Nosa Señora da Antigüa-Escolapios. Para rematar coa visita oficial, tivo lugar un xantar de traballo.

-José Tomé Roca, quixo destacar a figura de Dona Blanca García Montenegro, como referente empresarial en Galiza e exemplo da reivindicación de igualdade de oportunidades, entre homes e mulleres, dende fai mais de 30 anos. O Alcalde subliñou como grandes éxitos da empresaria, a renovación tecnolóxica que puxo en marcha nas súas empresas e o exitoso proceso de expansión levado a cabo por Dona Blanca. Tamén quixo lembrar o compromiso persoal e empresarial coa provincia de Lugo que Dona Blanca demostrou durante todos estes anos de profesión.

 

Monforte de Lemos, 24 de marzo de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural, Obras e Servizos, José Luis Losada, recibiron na mañá de hoxe na casa consistorial do Concello, a Dona Blanca García Montenegro, Presidenta Do Grupo de Comunicación El Progreso, a Dona Blanca de Cora, Consejera Delegada e a Don Alfonso Álvarez Riveiro, director do diario El Progreso nunha visita institucional que comezou coa firma de Dona Blanca García Montenegro, no Libro de Ouro do Concello.

Trala firma no Libro de Honra, o mandatario e Dona Blanca, mantiveron unha breve reunión privada no despacho do Alcalde, para continuar con unha visita ó Museo das Clarisas, de Arte Sacro e Arte Italiano dos séculos XVI e XVII e seguidamente, ó Colexio de Nosa Señora da Antigüa-Escolapios. Seguidamente, todos participaron nunha comida de traballo trala que se deu por rematada a visita oficial.

O Alcalde quixo destacar “a figura de Blanca García Montenegro como empresaria pioneira, primeira muller en liderar un grupo de comunicación en España, con un papel transformador nas súas empresas ó apostar pola innovación e a renovación tecnolóxica nas empresas que integran o grupo, e por levar a cabo un proceso de expansión que resultou, sen dúbida, exitoso”.

Tal e como explicou Tomé, “Blanca García Montenegro constitúe un exemplo da reivindicación en pos da igualdade entre homes e mulleres, defendendo dende fai máis de tres décadas o dereito a que a muller sexa valorada e recoñecida pola súa valía, nunha traxectoria empresarial non exenta de dificultades engadidas, pola súa condición de muller”.

O mandatario subliñou “a absoluta implicación do diario El Progreso coa actualidade da provincia servindo de altavoz dos temas de interese para os cidadáns así como o compromiso co ámbito cultural deportivo e educativo da nosa provincia.” Tal e como manifestou Tomé, constitúe un honor, recibir na cidade a unha figura tan relevante do mundo empresarial de Galiza e resulta tamén unha gran oportunidade para compartir de preto, as riquezas patrimoniais que singularizan a Monforte de Lemos.

 

Programa da visita oficial de Dona Blanca García Montenegro.

11:30 H: RECEPCIÓN NA CASA CONSISTORIAL DE MONFORTE

11:40 H: SINATURA NO LIBRO DE OURO

11:50 H: BREVE REUNIÓN NO DESPACHO

12:15 H: VISITA ÁS CLARISAS

13:00 H: SAÍDA CARA AOS ESCALOPIOS

13:30 H: VISITA AOS ESCALOPIOS

14:30 H: XANTAR DE TRABALLO NO RESTAURANTE MANUEL BISTRÓ

17:00 H: REMATE DA VISITA