Monforte de Lemos, 13 de abril de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que na mañá de hoxe vaise levar a cabo un corte no subministro de auga na rúa Molinos de Antero, da súa marxe esquerda, dirección rúa Benito Vicetto.
O corte realízase con motivo dos traballos de reparación dunha avaría na rede de auga que se produciu na mañá de hoxe.
Agárdase que a avaría poida ser reparada o antes posible e procederase entón ó restablecemento do subministro de auga.
Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que o corte poida ocasionar.