CONCENTRACIÓN POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Co gallo do 8 de marzo “Día Internacional da Muller” o Concello de Monforte, a través da Concellería de Muller e Igualdade, celebrará o acto institucional de dito día na Explanada da Compañía (diante das Casitas) o domingo 8 de marzo ás 13:00 h., unha concentración en prol da igualdade de mulleres e homes, onde a Concelleira de Muller e Igualdade procederá a lectura dun Manifesto.
Anímate e participa!!